1. REALIZAR UN DAFO EMOCIONAL
1. REALIZAR UN DAFO EMOCIONAL
- REFLEXIÓN:
Despois de
analizar cada emoción individualmente e logo dunha reunión de reflexión
conxunta a través de Teams, démonos conta de que o que máis complexo nos segue
resultando é etiquetar ou identificar as emocións, polo que encadralas e
percibilas dun xeito visual, coma neste caso nun cadro, axudounos moito.
En canto a levar
a cabo esta actividade na aula, houbo discrepancias, nuns casos parécenos que
os nenos son máis simples e capaces de expresar os sentimentos dun xeito máis
fluído que os adultos, polo tanto que adaptando a actividade e facéndoa máis
sinxela, dende casos reais e no propio momento, podería ser factible, pola
contra outro punto de vista é que os nenos non son capaces aínda de conectar todas
as emocións coas accións, sen ir máis alá de expresar o seu contento ou tristeza
sen afondar noutras.
No que si
chegamos a un acordo unánime é que o actual sistema educativo segue sen dedicarlle
tempo e darlle importancia a educación emocional do xeito que debería, seguimos
a dar primacía a outro tipo de contidos/habilidades, e non nos paramos a
dialogar e a falar sobre o que nos preocupa, o que nos fai sentir ben, o como
se senten os nenos e nenas, os procesos que sofren… co creemos que habería que
rachar.
Finalmente tamén nos fixamos que, pola educación que recibimos nos mesmos, tendemos a compartir sempre os momentos máis alegres ou satisfactorios, e reservar os que nos producen tristeza ou malestar, dando a entender que a vida e estar ledos e ben, sen ser consciente que o ser humano pasa por procesos de tristeza, rabia, medo e ou malestar, que xunto aos momentos de alegría, placer e gozo son os que nos fan ser únicos e irrepetibles, formando parte da nosa vida a partes iguais.
1. AUTORRETRATO…
02_FELIPE
Son Felipe. Nacín en Suíza, pero dende que teño un ano estou en Galicia e agora vivo na miña casa (Penouta-Vilamartín de Valdeorras-Ourense). Considero que son unha persoa comprensiva, amable, creativa, soñadora pero moi realista, ás veces un pouco perfeccionista e ao tempo moi caótica, impaciente, serio e responsable e ás veces con moi mal humor. O que máis me gusta de min é a miña curiosidade, a capacidade de adaptación e de observación, e a capacidade de reflexión … e os demais din de min que son moi coherente, traballador, creativo, solidario, amable e comprensivo.
Síntome feliz cando estou tranquilo, ás veces en soidade, e se non coa compañía que eu elixa… e o que máis me enfada é… que me enganen, dame rabia que ás veces perda a paciencia, e sobre todo non ter o control da situación.
Sempre tiven a ilusión de traballar en algo que me proporcionase estabilidade e recoñecemento profesional. Decidín ser mestra/e porque xa de pequeno era algo que xogaba a ser, e fun descubrindo que tiña certo “imán” cos nenos/as pequenos, e gustábame axudar. Ademais que o entorno escolar sempre foi un entorno no que me sentía realizado. Hoxe en día teño claro que quero seguir sendo mestre, pero tamén me gustaría explorar outras oportunidades dentro da docencia.
02_LUCÍA
Son Lucía, nacín en Becerreá (Lugo) e agora vivo en
Sarria (Lugo), na actualidade traballo nunha escola infantil do primeiro ciclo.
Son unha persoa
soñadora, alegre, confiada, tímida antes de coller confianza, as veces un pouco
pasota e outras entregada demais.
Gústame
rodearme con xente positiva e vivaz coma min, aprender cousas novas, coñecer
xente diferente, desfrutar dos días en familia e as longas conversas ou as
rutas pola natureza, pero tamén desfrutar da soidade e a paz da miña casa.
Non me gustan
as mentiras nin as mofas, a xente negativa, malhumorada ou conformista. Odio as
inxustizas e a falta de empatía, xa sexa no ámbito laboral ou na sociedade en
si.
Cambiaría de min
a teimosía, cóstame cambiar de opinión ou non levar sempre a razón, a falta de
seguridade en min mesma, ou a habilidade para organizarme mellor.
Os que me rodean soen
dicir que son alegre, amable, traballadora, con moita paciencia, tenaz e boa
compañeira, ou coma sempre me describía meu avó e que me gusta moito recordalo,
“pizpireta”.
Son
feliz
no meu traballo, onde esquezo problemas externos e desfruto vendo aos nenos e
nenas avanzar dese xeito vivaz que os caracteriza, a súa alegría, a intensidade
e perseveranza, que contaxian aos que estamos ao seu carón. Por iso decidín ser
mestra, una profesión que sempre está en cambio, en movemento. Definiríaa como
una profesión “viva”, na que sempre estamos aprendendo e cambiando, coñecendo
novos nenos e nenas, novas familias, novos retos e motivacións para mellorar e
mellorarnos.
02_MARÍA
Son…María, nacín en…Lugo e ahora vivo en… Lugo. Son unha persona…Paciente e empática.
O que máis me gusta de min é… que teño unha gran capacidade de superación.
E os demáis dícen de min que son….cariñosa. Síntome feliz cando…sinto que fago as cousas ben.
Sempre tiven a ilusión de…. Ser actriz En… 2014.decidín ser mestra porque… Tiven mestres e orientadores fantásticos, ese ano coidaba das miñas primas pequenas, e dinme conta de qué me gustaba moito estar con nenos…e ahora teño claro que quero ser mestra para… axudar aos nenos e nenas no seu desenvolvemento, como persoas individuais e como membros dunha sociedade.
02_YANIRA
Son Yanira e teño 30 anos. Nacín e vivo en Lugo aínda que traballo en As Pontes desde fai 3 anos. Anteriormente, vivín dous anos en Vigo posto que me destinaron alí. Marchei moi triste, era a primeira vez que vivía soa e lonxe da casa pero penso que foi unha das experiencias que máis me fixeron madurar e crecer como persoa polo que volvín feliz e vendo a “aventura” como necesaria e gratificante.
Son unha persoa moi familiar polo que estou feliz cando a xente do meu arredor está ben a nivel de emocións e saúde e sinto terror ante a posibilidade da morte da xente que quero. Iso fai que teña medo cando penso no futuro e no paso do tempo e me sinta culpable cando non paso o tempo suficiente coa xente que quero. Cando estou tranquila porque todo ao me arredor está ben anímome a dar máis de min, a facer cousas que teño pendentes.
Gústame estar soa (preparándome unha comida que me gusta, lendo un libro, coidando o meu corpo) pero encántame estar na casa cos meus pais, coa miña parella pola que sinto amor ou divertíndome en comidas ou pasando tempo de ocio con amigos/a, parella e familia. Síntome querida pola xente que me importa posto que os meus alumnos/as sorrín cando me ven e a miña familia e parella teñen ganas de abrazarme e querer pasar tempo comigo.
Prodúceme ansiedade non ter o control dunha situación que me afecta e págoo coa xente do meu arredor sen que teñan culpa, non falándolles ou falándolles mal. É unha situación que estou tratando de mellorar falando comigo mesma, razoando comigo e dicirme a min mesma “para, respira, xa sabes que isto non te leva a ningunha parte salvo agrandar o problema que se presenta”. Ultimamente xa o fago e os resultados son máis que positivos polo que me admiro por intentar superarme día a día a nivel persoal, tratar de ser máis madura, reflexiva.
Sempre tiven claro que quería ser mestra. Penso que a miña capacidade de esforzo e constancia axudáronme a chegar ata aquí. Unha das cousas que máis me indigna é que a xente (familias e sociedade en xeral) non vexa o esforzo e non valore o que facemos os mestres/as día tras día no noso traballo. Odio cando a xente fala por falar sen ser coñecedores do que din.
Son unha persoa empática e penso que iso facilita o meu traballo. Tanto nenos/as coma familias e compañeiros/as saben que poden falar comigo e son quen de ver o seu punto de vista. Valoro moito o respecto cara os demais polo que o que máis me enfada é a xente egoísta que pensa en ela mesma. Este respecto inclúe, por suposto, aos nenos/as e enfádame moito ver como algunhas mestras/es mostran superioridade e abuso de posición respecto ao alumnado.
O que menos me gusta de min é que ante unha situación que non me afecta directamente e que non me gusta, posto que non vexo lóxica ou que afecta a alguén que quero, non dou estado calada e sempre interveño ou expreso a miña opinión respecto a isto. Sempre me pasa o mesmo, primeiro dígoo e logo penso... para que me meto se o problema non vai comigo? Gustaríame ter a capacidade de “calar”. Como isto ocasióname algún que outro problema, estou tratando pouco a pouco desvincularme de situacións que non me afectan directamente, sendo egoísta, pola miña propia tranquilidade.
2. REFLEXIÓN CONXUNTA DO EQUIPO 02 (FELIPE, LUCÍA, MARIA E YANIRA)
En xeral case todos coicidimos en que este exercicio resultou bastante positivo e sinxelo de facer, ademais de útil para poñer en claro alguns aspectos que creemos coñecer sobre nós mesmos/as.
Non nos sorprenden as nosas propias respostas porque todas forman parte do que sentimos de verdade, e pensamos que somos bastante conscientes de todos eses sentimentos. En todo caso pode chegar a sorprendernos que certas debilidades sexan algo máis complicadas de recoñecer ou de aceptar.
En canto ao grado de coñecemento de nós mesmos/as parécenos bastante elevado, porque consideramos que somos capaces de dar resposta a todas as cuestións plantexadas previamente, pero nalguns casos pode chegar a ser menos do que pensamos.
Pasa un pouco o mesmo coa sinceridade. Non sempre é sinxelo ser sincero/a cun mesmo/a, por que dita sinceridade pode estar condicionada polas auto-esixencias e tamén por saber coñecerse e recoñecer as propias debilidades e as virtudes, e que isto despois se reflicta no desenvolvemento do día a día. Ás veces, pode ser que nos auto-enganemos para intentar ser "máis fortes" ou "non parecer débiles" fronte aos demais. En definitiva, isto enlaza un pouco con saber empregar as cualidades e fortalezas a favor de obra. Tratamos de ser positivos, optimistas e "tirar para adiante".
En referencia as diferentes cualidades abordadas na práctica, valoramos as seguintes para ser ou para desempeñar a función docente: constancia e esforzo, creatividade, responsabilidade, amabilidade e comprensividade (empatía), coa actitude postiva e con ganas de aprender e evolucionar.
A continuación queremos deixar aquí tamén as respostas de cada unha de nós, ás preguntas plantexadas na práctica, que nos axudou a facer a posta en común da nosa reflexión conxunta.
FELIPE: A min gustoume facer este exercicio, aínda que non me resultou fácil,
definirme a min mesmo, porque hai aspectos que por unha banda prefiro reservar,
e outros que considero que ás veces é máis a percepción que eu teño, ou que
outros me fan ver. De todos xeitos, non tería inconveniente en compartilo. Tamén penso que responder a certas cuestión como que é o que me fai rir, ou o que odio… ou outras,
considero que podería ampliar as respostas, escollín como se pedía o primeiro que
viñese a cabeza, pero non sempre son as mesmas cousas o que che producen eses
sentires… Falo do cuestionario para cubrir que se proporcionaba no Campus Virtual USC
LUCIA: Resultoume por dicilo dalgún xeito incómodo, as veces acostumámonos a crernos ou visualizar tan so aquelo que outros din de nos, sen autoavaliarnos ou sendo obxectivos e honestos con nos mesmos, co cal costa sacar as debilidades, recoñecelas e mesmo melloralas.
MARÍA:
YANIRA:
FELIPE: Non, porque realmente forman parte do que son e do
que sinto.
LUCIA: Non me sorprenden as respostas, sorpréndeme que me coste tanto recoñecer esas debilidades ou cousas que menos gustan, e pola contra as cousas boas ou positivas saian case solas, e faime reflexionar sobre a miña persoa.
MARÍA: NC
YANIRA:
FELIPE: A referida á “A estratexia
que podería seguir para mellorar ese aspecto é:” Porque
realmente un sempre intenta buscar estratexias que che axuden a mellorar, algunhas
veces funcionan e outras non.
LUCIA: Quizais dos aspectos negativos e de como melloralos, sobre todo cara aos demais.
MARÍA: NC
YANIRA: Sempre recuperei dos meus pensamentos algún recordo, situación, emoción,... que me viñera ao ler as frases.
FELIPE: Penso que teño un alto grado de coñecemento de min mesmo,
o que non teño claro é o grado de coñecemento do meu potencial ou dos meus límites.
LUCIA: Pois despois de realizar esta tarefa, xunto coas anteriores, doume conta de que me coñezo menos do que pensaba.
MARÍA:NC
YANIRA:
FELIPE: Creo que sí, pero debo recoñecer que é máis sinxelo ser
sincero cun mesmo na propia intimidade dun, para sí, en reflexión. Outra cousa é
despois facer partícipes aos demais desa reflexión.
LUCIA: Si e non, é difícil de explicar, poderíase dicir que estou a medio camiño.
MARÍA: NC
YANIRA:
FELIPE: Nalgúns casos ou circunstancias trato de xogar a
favor delas.
LUCIA: Si, considérome unha persoa positiva que todos os días intenta dar o mellor de si.
MARÍA: NC
YANIRA:
FELIPE: No meu caso, penso que a comprensividade é fundamental,
tamén a sensibilidade e a curiosidade. Moitas outras cualidades poden vir a
maiores. Pero tamén penso que me queda moito por medrar a nivel persoal e emocional.
O que si me produce satisfacción, é comprobar que co paso dos anos e a
experiencia vivida, un vai gañando confianza en si mesmo. Algo tremendamente
necesario.
LUCIA: Na miña opinión un docente debe ser alegre e creativo, ter ganas de aprender e de medrar coma persoa e como profesional, como dicía no autorretrato, un mestre nunca deixa de aprender; a seriedade e responsabilidade que esixe a propia profesión; a empatía e a amabilidade.
MARÍA:
YANIRA: Como xa dixen, a constancia e a capacidade de esforzo foron as cualidades que me axudaron a chegar a donde quería chegar.
FELIPE: Gustaríame engadir que, cada vez considero máis
necesario a formación docente en materias como a educación emocional, a xestión
das emocións e das habilidades sociais e persoais, xa que nesta profesión
estamos traballando con persoas (alumnado, familias, compañeiros/as…)
LUCIA: NC
MARÍA:
YANIRA:Penso que a dificultade desta actividade radica en que, ao final, vai dirixida ou sabes que a vai ler xente que non te coñece e dubidas en que contar é que non.
|
PENSARES |
SENTIRES |
EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS |
ACCIÓNS SOCIAIS |
ACEPTACIÓN /NON ACEPTACIÓN |
|
A impotencia
vivida por non poder facer nada para mudar a situación. |
RABIA |
Conter esa
rabia acumulada como puiden, debido a que estaba no meu posto de traballo
cando aconteceu. |
Falar do tema
co meu compañeiro de traballo, o cal me consolou e procurou calmarme. |
Foi algo
intenso pero momentáneo, estando totalmente esquecida na actualidade. |
|
PENSARES |
SENTIRES |
EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS |
ACCIÓNS SOCIAIS |
ACEPTACIÓN /NON ACEPTACIÓN |
|
Poder estar
ante un feito descoñecido e que non podía controlar. |
MEDO |
Aferrarme á
persoa que tiña ao lado. |
Apoiarme na miña
parella para superar a situación. |
Aceptei a
situación e supereina sen mais contratempos. |
|
PENSARES |
SENTIRES |
EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS |
ACCIÓNS SOCIAIS |
ACEPTACIÓN /NON ACEPTACIÓN |
|
O feito de
saber que non ía volver a ver fisicamente máis a esa persoa. |
TRISTEZA |
Derrubarme e
comezar a chorar. |
Buscar apoio nos
meus seres queridos e máis próximos. |
Neste caso son
desas situacións que un verdadeiramente nunca supera, simplemente aprende a
vivir con elas. O sentimento non resulta tan forte como ao principio, pero
mais por costume que por aceptación. |
|
PENSARES |
SENTIRES |
EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS |
ACCIÓNS SOCIAIS |
ACEPTACIÓN /NON ACEPTACIÓN |
|
Saber que algo
tan incrible e fermoso como a chegada dun novo membro á familia acababa de acontecer. |
ALEGRIA |
Abrazos e bicos
entre toda a familia. |
Celebración
familiar. |
|