MINDFULNESS
1. Valoración reflexiva do que supuxo a práctica.
ALBERTO
Tras a realización da práctica
empregando os audios,
a verdade é que un queda tranquilo. Ao principio, costa moito evadirse
e concentrarse no feito de respirar e concentrarse no
propio corpo, sen darte conta a mente non para de fuxir aos pensamentos típicos da vida cotiá.
Non obstante, unha vez que logras fuxir un pouco do espazo-tempo e concentrarte en ti
mesmo, resulta unha dinámica moi satisfactoria. De feito, ao final acababan os audios e aínda pasaba un
par de minutos en silencio sen moverme ata decatarme de que remataran, cousa que me sorprendeu polo meu carácter nervioso e inquieto...
No
meu caso, realicei a practica pola tarde e, tras unha mañá de traballo, sentín unha sensación de relaxación e
benestar que deixan estas prácticas.
De feito, parece que ata tivena mente máis aberta para continuar coas labores académicas o resto do día.
DOLORES
No meu caso, tan só coñecía o Mindfulness de escoitar algunha vez o
término, pero sen saber exactamente de que se trataba. Unha vez visualizados os vídeos e realizada a
práctica a verdade e que me
sinto moi receptiva con este tipo de prácticas, e me gustaría poder chegar a
integralas na miña vida. Son consciente de que se necesita práctica, pero me gustaría
seguir investigando e practicando para poder obter resultados, dado que son
bastante ansiosa. Creo que me axudaría a afrontar dun xeito diferente os meus
interminables días.
Na práctica costoume bastante
conseguir relaxarme, non estou afeita a este tipo de prácticas. Empecei a
disfrutar máis co audio da respiración porque conseguín desconectar e
disfrutalo. Despois da práctica estaba máis relaxada, o que a priori non me
parecía moi factible, e foi agradable a sensación de quietude e tranquilidade. A
consciencia que conseguín como o propio término Mindfulnes indica.
En canto o feito de aplicalo en con nenos penso que sería moi
interesante, e ademáis facelo dende que son pequenos para que podan ir
interiorizando a súa práctica. Os nenos suelen ser bastante receptivos, xa que
non teñen prexuízos que poden ter os adultos.
Elena
No meu caso escoitei falar do
Mindfulnes a miña nai algunha vez xa que ela ía a clases na Asociación de
Fibromialxia, ela sempre me dicía que tiña que probar que ela estaba encantada,
pero ata o de agora nunca me parara a pensar nel. Tras visualizar os vídeos e
falar un pouco máis do tema coa miña nai, penso que pode ser unha ferramenta
moi útil no meu día a día, tanto na vida persoal como na profesional. Aínda que
non escollín o mellor día para realizar a practica xa que tiña un dolor de
cabeza bastante intenso conseguín relaxarme e ata me deu a sensación de que
baixara a intensidade da miña dor de cabeza. Gustaríame, nun futuro próximo,
coñecer máis sobre esta técnica e poder empregala para conseguir reducir o
nivel de ansiedade e obter resultados positivos.
2.
Resumo das ideas
principais dos 7 fundamentos da práctica do Mindfulness:
·
Non enxuizar: Tendemos
inconsciente a categorizar toda a nosa experiencia
a través destes 3 filtros básicos: gústame, non me gusta e resúltame indiferente. Co mindfulness,
adestrámonos en suspender o xuízo e observar simplemente o que acontece,
incluíndo as nosas reaccións.
· Paciencia: Meditar é a actividade do non facer. Non podemos meternos presa, xa que meditar de forma acelerada non tería sentido. O mindfulness require polo tanto tempo e paciencia.
· Mente de principiante: Isto implica procurar observar e sentir as cousas como se fose a primeira vez, sen que interveñan experiencias pasadas ou
pensamentos innecesarios. A mente de principiante, ánclase
no momento presente,
tráenos concentración e claridade.
· Confianza: O mindfulness axuda a desenvolver unha confianza básica nun mesmo e nos seus sentimentos. Aprendemos a confiar na nosa intuición e a nosa autoridade interna. Así pois, esta práctica pasa por aprender a confiar en nós mesmos e a facernos responsables das nosas vidas instante tras instante.
· Non forzar: Nas actividades normais, todo o que facemos apunta a un obxectivo. Esta actitude, no caso da meditación, é contraproducente e un verdadeiro obstáculo. A meditación non é un medio para un fin, no ten tanto que ver co facer como co non facer. Meditar é aprender a ser, meditamos porque si.
·
Aceptación: Isto implica ver as cousas tal e
como son. Se aceptamos as situacións
sen deixarnos levar a polos xuízos, podemos ter unha visión máis clara do que
está a suceder e, dende aí, saber como
actuar.
·
Soltar: Practicando mindfulness,
aprendemos a ver como nos aferramos ou identificamos cos nosos xuízos,
pensamentos, sentimentos ou persoas,
obxectos e situacións. A meditación é unha aprendizaxe de como soltar. Cada vez que soltamos un
pensamento ou emoción, nos estamos
adestrando nisto. Esta capacidade permítenos desenvolver a cualidade
espiritual do desapego,
que nos axuda a vivir con máis liberdade e alegría.
3. Cales
consideras que son os principais beneficios do Mindfulness para os nenos e nenas de Ed. Infantil e/ou
Primaria?. E os beneficios para os docentes?.
Indica alomenos, 4 beneficios que foran contrastados pola investigación.
-
Nos nenos/as produce
unha mellora na súa intelixencia emocional, provocando ademais unha mellora
da consciencia dun mesmo e do propio
corpo, aumentando a súa capacidade de atención. Por outra banda, mellora o proceso de ensinanza aprendizaxe
axudando ao alumno a centrarse máis
no proceso que no resultado e, en canto as relación interpersoais, mellora a empatía, a compasión e o clima na aula (Almansa, G., et al., 2014).
-
Para os docentes,
axúdanos á mellorar
o noso autocontrol nos pensamentos, á nosa regulación emocional e vai provocar unha diminución nos nosos niveis
de estres, o cal repercute
nun menor número
de baixas laborais (Mañas Mañas, I., Franco Justo, C., & Justo
Martínez, E., 2011).
-
Contrastados pola ciencia,
demostráronse os seguintes
beneficios (Andrade Dufo, Y.
L., & Tapia Cordero,
A. B., 2020):
o
Diminúe a hiperactividade en alumnado TDAH.
o Aumenta
o rendemento académico en comparación ao alumnado que non practicou
esta disciplina.
o
Descende a taxa de criminalidade e, polo tanto,
o risco de exclusión social
o
Aumenta as probabilidades de éxito laboral.
Ø REFERENCIAS EMPREGADAS:
o
Almansa, G., Budía, M., López, J. L., Márquez, M., Martínez, A. I., Palacios, B., ... & Sáenz-López Buñuel,
P. (2014). Efecto
de un programa de Mindfulness sobre variables motivacionales y psicológicas en educación Primaria. Accesible en: https://www.researchgate.net/profile/Pedro_Bunuel/publication/33 1676341_EFECTO_DE_UN_PROGRAMA_DE_MINDFULNESS_ SOBRE_VARIABLES_MOTIVACIONALES_Y_PSICOLOGICAS_ EN_EDUCACION_PRIMARIA/links/5e6d2bfb92851c6ba703ef45/ EFECTO-DE-UN-PROGRAMA-DE-MINDFULNESS-SOBRE- VARIABLES-MOTIVACIONALES-Y-PSICOLOGICAS-EN- EDUCACION-PRIMARIA.pdf
o
Mañas Mañas, I., Franco Justo, C., & Justo
Martínez, E. (2011). Reducción de los
niveles de estrés docente y los días de baja
laboral por enfermedad en profesores de educación secundaria obligatoria a través de un programa
de entrenamiento en mindfulness. Clínica
y salud, 22(2), 121-137. Accesible
en: http://scielo.isciii.es/pdf/clinsa/v22n2/v22n2a03.pdf
o
Andrade Dufo, Y. L., & Tapia Cordero, A. B.
(2020). Programa de Mindfullnes infantil
para niños de 4 a 5 años con problemas de
conducta (Bachelor's thesis,
Universidad del Azuay).
Accesible en: http://dspace.uazuay.edu.ec/bitstream/datos/9635/1/15268.pdf
4. Busca na rede 1 ou 2 cursos de formación en Mindfulness para docentes que estén avalados por algunha
institución oficial ou que consideres que son programas de calidade.
No grupo pensamos que a mellor forma de informarnos sería a través de
medios regulados, como pode ser a nosa propia
facultade ou institucións como Anpe Galicia,
que sempre están dispostos a axudar a todo o
profesorado. En canto ás opcións online, procuramos optar por institucións que
abalan estas docencias para evitar fraudes, como a continuación se expón:
Ø Coa modalidade de cursos online,
atopamos entre outros,
o ofertado polo
Instituto Europeo de Psicoloxía Positiva.
Accesible en: https://www.iepp.es/titulo-superior-mindfulness-gestion-emocional/
Ø A nosa propia universidade ofrece no seu campus de Santiago de Compostela o mindfulness como actividade dentro do campo de “ocio e benestar”. Accesible en: https://aplicacions.usc.es/deportes/actividades/datos.jsp?idActividad=13 32
Ø Tamén
podemos atopar estudos específicos do mindfulness a través da USC, conformando unha materia en si mesma
denominada “Introdución ao mindfulness”. Accesible en: https://www.usc.es/gl/titulacions/ivciclo/programas/intrmin.html
5.
Actividades de Mindfulness para nenos/as de Infantil ou de primaria.
Actividade “A postura de Mente atenta": Unha
das primeiras practicas polas que se
pode comezar e pola postura de meditación ensinándolles a fixar a súa atención
na respiración. Esta será a postura da que partirán
o resto de actividades e
xogos. Pódense empregar cancións ou meditacións guiadas para recordar
as claves da postura.
Ver
enlace: http://aescoladossentimentos.blogspot.com/2016/03/10-actividades- de-mindfulness-para-nins.html
Enlace do vídeo: https://youtu.be/9MbORyTiLOU
Actividade
“Acaricia as miñas mans” (5 anos): Sentados en círculo, os nenos detéñense a observar as súas mans, realizando diversos
movementos con elas:
xuntar as palmas, acercalas e alonxalas da cara, acaricialas entre
si...Despois, hai que pechar e abrir
os puños suavemente, notando como se estira a man e como, ao pechala as unllas apertan levemente a pel. Logo pode
recorrerse as raias da palma da man notando o cosquilleo...e así sucesivamente.
Ver enlace: https://www.campuseducacion.com/blog/revista-digital- docente/mindfulness-aplicado-la-educacion/
Actividade “Escoita o silencio”: Empregando
un conco tibetano, ou outro instrumento que teña moita vibración, explicamos aos nenos que imos a facer un son e que deben escoitar coidadosamente ata que se deixe de oír (soe ser entre
30 segundos e un minuto). Podemos indicarlles que levanten a man cando deixen de escoitar, así non interrompen ao
resto. O efecto soe ser calmante e á súa
vez é una forma divertida de adestrar a atención.
Ver enlace:
https://vivirmindfulness.com/educar/11-ejercicios-de-mindfulness- para-ninos



