miércoles, 28 de abril de 2021

PRÁCTICA 7: A "VENTANA DE JOHARI", OUTRA FORMA DE COÑECERNOS (ONL_01)

 ELENA


DOLO


ALBERTO

1.- Resultouvos fácil ou difícil? 

En xeral aos membros do noso equipo non nos resultou moi complicada a práctica. Ë certo que foi un pouco atípico preguntar a persoas do noso traballo ou entorno menos cercano, o que pensan dalgunhas das nosas cualidades.

 

2.- Que foi o que máis vos sorprendeu? Descubriches algo novo sobre ti? 

No caso de Dolo si houbo algunhas respostas que lle sorprenderon na área cega e na área oculta. Referente á área cega, as persoas ás que preguntei venme como unha persoa paciente e constante, cando eu non me tiña por unha persoa con esas características, pero sorprendéronme gratamente. Por outra banda tamén me chamou a atención que sendo unha persoa nerviosa non transmita esa sensación á xente coa que traballo, cualidade que aparece na área oculta, o que quere decir que non o demostro demasiado.

 No caso de Elena sorprendeuse pouco dos resultados obtidos as persoas as que lle preguntou coinciden en que é unha persoa traballadora e empática, que sempre esta disposta a axudar, ela mesma afirma que é algo que leva escoitando moito tempo e que xa o ten interiorizado.

 No caso de Alberto dinos que non se sorprendeu moito xa que en maior ou menor medida eran respostas que podia esperar da xente a que lle fixo a enquisa.

3.- Que aprendiches con esta práctica? 

Aprendemos que en realidade hai cualidades de nós mesmos que demostramos incluso sen querelo, de forma involuntaria, e que aparecen na área cega. E pola contra cualidades que temos e que non demostramos en determinados ámbitos da nosa vida, que aparecerán na área oculta. Cando ampliamos esta información a través de preguntas podemos modificar os límites de ditas áreas e pasarán a pertencer á área libre, conseguido ser deste xeito mais transparentes, e mellorando as nosas relacións. A ventana de Johari é unha ferramenta moi útil coa que podemos aumentar o autocoñecemento para poder mellorar a nivel persoal como en relación cos demais.

 

4.- Valoración sobre a adaptación á escola: Crees que esta dinámica se pode adaptar para realizala con nenos e nenas de infantil e/ou de Primaria?

Pensamos que é unha ferramenta perfectamente aplicable na escola. No caso de nenos e nenas de infantil podemos adaptar as preguntas que lles facemos. Tanto para coñecer o que pensan de sí mesmos como dos seus compañeiros e compañeiras.  Se lle preguntamos a un neno se “fulanito” é competitivo seguramente non nos comprenderá, pero si lle preguntamos….  “ A fulanito gústalle gañar sempre”? Entenderá a pregunta e saberá contestarnos.

Tamén teríamos que explicarlles os resultados da nosa ventana de Johari, poñéndolles exemplos para facilitarlles a súa comprensión, pero pensamos que son perfectamente capaces de entender a esencia da tarefa que estamos a realizar.

Por iso cremos que si pode adaptarse a infantil e obter resultados moi positivos coa súa aplicación no grupo-clase.

Do mesmo xeito en Primaria e por tanto con nenos de maior idade, valoramos que  poderíamos levar a cabo a ventana con máis facilidade. Tendo en conta que que xa comezan ou saben ler e escribir e que ademais xa coñecen máis conceptos, pode que   incluso puideran chegar a comprender os resultados coa nosa axuda.

Tanto en infantil como en primaria, cremos que sería un bo xeito de favorecer a empatía e a confianza no grupo.

 

5.-Valoración sobre a utilidade para ti como profesional da educación: Consideras que pode ser útil para ti como mestre? En que sentido? En que circunstancias?

A ventana de Johari parécenos unha ferramenta moi útil tanto a nivel persoal coma profesional.

Por un lado co grupo de compañeiros de traballo. Nun principio creíamos que podía resultar complicado que os membros dun grupo de traballo, desen respostas sobre as cualidades dos demais membros, pero logo pensamos que esas respostas podían darse de forma anónima para facelo menos comprometido nun principio. Despois pódense mostrar os resultados para que cada quen poida beneficiarse dos resultados obtidos. Deste xeito podería irse potenciando a confianza entre os membros dun grupo, e mellorando as súas relación.

Por outro lado no grupo de alumnos. Parécenos útil para aplicalo aos alumnos, e ir coñecendo o que cada un pensa de si mesmo de dos seus compañeiros. Descubrindo deste xeito como o ven os demais en contraposición co que cada un pensa de si mesmo. Ë certo que cremos que será mellor a partir de certas idades onde xa son capaces de diferenciar as cualidades positivas das menos positivas nos seus compañeiros, e poñerlles nome. Cremos que podería ser unha forma viable de limar asperezas ou confrontacións dentro do grupo-clase, sobre todo tendo en conta que hai idades máis complicadas que outras.

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario