01_ ALBERTO
1. Contexto no que acontece a historia:
No patio dunha escola ao aire libre (Carballeira exterior do recinto) durante o recreo.
Estando todo o alumnado no exterior da escola, no que poderíamos chamar o patio de recreo (tratábase dunha escola ao aire libre, polo que en realidade era unha carballeira), tódolos nenos e nenas xogaban libremente, todo estaba tranquilo. Xosé, o alumno en cuestión, estaba andando e saltando por un muro que estaba preto, unha actividade que lle encantaba realizar.
Chegado o momento, a mestra titora daquel grupo ordenou que nos fóramos todos e todas para a aula, debido a que era o momento de facer unha actividade concreta que tiña planeada. Todos os alumnos/as obedeceron e foron cara a escola sen maior preocupación, pero Xosé non, seguiu andando tranquilamente polo muro, sen facer caso. A mestra achegouse a el e recriminoullo, alentando porque fora cos demais nenos/as (Desencadeante).
Nese intre, Xosé empezou a berrar, poñéndose colorado e incluso empezou a chorar desconsolado (Expresión visible da RABIA), porque el quería seguir no seu muro. Eu achegueime xunto da mestra, indicándolle que se quería fose xunto aos demais mentres eu quedaba con Xosé para convencelo, o cal aceptou.
(Intervención) A miña reacción principal foi deixalo desafogarse mentres eu continuaba ao seu carón. Pasados uns minutos, conseguín poder falar con el e convencelo de volver á escola cos demais, coa premisa de volver máis tarde ao exterior os dous xuntos. Xosé aceptou a dubidoso, pero conseguimos xuntarnos ao resto do grupo-clase.
3. ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso.
1. Cal foi a emoción sentida: Rabia
2. Cal foi o estímulo desencadenante: Obrigar a acatar unha orde.
3. Cal foi o pensamento (que tipo de pensamento puido ter o suxeito): “Queren impedirme realizar o que a min me gusta nese momento.”
4. Cal foi a acción/s espontánea/s tanto física como verbal...Valorar a eficacia desa acción (o resultado, reacción que provocou): Berrar, chorar e patalexar.
5. Cal foi (si a houbo) a acción social: non houbo.
6. Cal foi (si a houbo) a intervención da docente ou doutra persona adulta: deixar pasar o “episodio” de rabia para poder dialogar.
7. Como se pechou esa situación, sacouse algunha conclusión ou aprendizaxe da situación vivida?..pechouse cun acordo entre ambas partes, aprendendo o alumno que falando pódese obter mais do que se pensa.
8. Pensas que a situación quedou ben pechada e que se restableceu o equilibrio emocional? si
9. Si a resposta anterior é negativa...Cal creedes que foi o problema, que foi o que non se fixo ben?
10. Pensades que se podia ter actuado doutra maneira?, Cal seria a vosa actuación?
01_DOLORES
1.Contexto no que acontece a historia:
Foi fai xa varios cursos. Eu era coidadora nun colexio próxima a unha barriada xitana. Chegou ao cole en 4 anos un neno con implante coclear, que procedía dunha familia de etnia xitana bastante desestruturada. Debemos ter en conta que o neno fora sometido na Seguridade Social a unha operación complicada a curta idade para poñerlle dito implante.
O neno viña sen pila no implante coclear que necesitaba para oír. Ademais viña bastante sucio e ás veces notábase que viña con fame. Dábame moita pena porque a pesar da súa grande falta de comunicación o neno era moi listo e pensaba que coas atencións necesarias o neno podería acabar falando e levando a cabo unha vida dentro da normalidade, gracias aos seus restos auditivos. Ademais a pesar de vir dunha familia con problemas evidentes de falta de normas o neno era moi bo e tiña moi bo carácter.
Pasaron varios meses nos que o neno viña ao cole en malas condicións hixiénicas, e con signos evidentes de fame. Ademais a profesora de audición e linguaxe non podía traballar os contidos necesarios,, xa que o neno viña de forma reincidente sen pila no implante coclear. A profesora titora do neno, incluso eu mesma lle pedimos á nai que por favor lle puxeran pila no implante ao neno para poder traballar con el de forma máis eficaz, e para que a comunicación fose máis produtiva. A pesar das boas palabras da nai, e de prometer que ía solucionar os problemas, as escusas sucedíanse unha tras outra. Primeiro ía esperar a cobrar, despois non lles chegaban as pilas á tenda onde as compraban, despois era que se gastaban moi rápido, etc....
3. ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso.
1. Cal foi a emoción sentida: Aínda que nun principio a emoción foi rabia, o que realmente sentía con toda esta situación era PENA.
2. Cal foi o estímulo desencadenante
O comportamento cara a un fillo con dificultades, ao meu entender pola ignorancia dos pais. Eles pensaban que coas súas mentiras nos convencían, e non eran capaces de ver que o realmente importante era o neno.
3. Cal foi o pensamento (que tipo de pensamento pudo ter o suxeito)
A pregunta que eu me facía sen parar era a seguinte: Que leva a uns pais a facer pasar ao seu fillo por unha operación tan complicada para logo deixar o aparato inutilizado por unhas simples pilas? Non se dan conta dos enormes beneficios que lle reportaría ao neno?
A verdade é que tanto a titora como eu, mostramos o noso indignación coa situación. En repetidas ocasións lle dixemos que non podía continuar con esa actitude, que o peor era para o seu fillo e que era unha verdadeira pena privarlle da oportunidade o poder oír. Ao cal a nai a pesar de dicir a todo que si, non paraba de mentir, e incluso deixaba de mandar ao neno ao cole durante uns días.
5. Cal foi (si a houbo) a acción social
Explícaselle dende o colexio ( a orientadora ) os beneficios que para o neno tería poder manexarse co implante o importante que é que estea en bo estado e coas pilas con carga. Ofrécese incluso a posibilidade de colaborar incluso no pago das pilas, pero sen ningún avance.
A pesar dos grandes esforzos dende o cole, tanto pola miña parte, como pola titora e incluso da dirección e orientación de falar coa familia non conseguimos nada neste caso que puidera axudar ao neno. Intentamos incluso, ter pilas no colexio para poder traballar co neno pero as pilas gastábanse moi rápido e non nos serviu de moito, xa que como na casa non había unha continuidade o neno non se adaptaba ben. Incluso se valorou a posibilidade de acudir a servizos sociais pero non parecía a mellor opción pensado no neno, dado que tiña dous irmáns, apartalo do entorno familiar.
Na miña opinión para poder acabar con este tipo de situacións debe haber un traballo de concienciación das familias e a inclusión na sociedade. Un traballo de concienciación e educación das xeracións máis novas. A etnia xitana ten costumes moi arraigadas algunhas delas anticuadas e contraproducentes ao meu xeito de ver. Non penso que estes pais non queiran ao seu fillo, penso que non saben facelo mellor, polo seu entorno, e aí é precisamente onde a sociedade ten que intervir.
7. Pensas que a situación quedou ben pechada e que se restableceu o equilibrio emocional?
En absoluto. O neno mudouse de cidade, pero algúns anos despois volveu. Fala por lingua de signos, que os compañeiros apenas entenden. De feito, o irmán pequeno que non ten problemas de audición, apenas fala xa que pasa case todo o tempo co neno xordo, e comunícanse entre eles por signos .
Como comentaba anteriormente, penso que a solución desta situacións pasa pola maior integración das familias de etnia xitana. Facerlles entender ata onde poden chegar os seus fillos no caso de darlles a oportunidade.
Dende o colexio valorouse a mellor situación para o neno, e non pasaba por separalo da familia. Cando o neno volveu para o colexio, contratouse un intérprete de signos, para facilitarlle a comunicación, e para ensinar aos seus compañeiros a LINGUA DE SIGNOS
Eu persoalmente tería avisado a Servizos sociais, e que eles valorasen xa que me parece unha situación que se escapa das miñas capacidades, xa que son demasiados factores. Por un lado me parece complicado darlle unha oportunidade ao neno sen apartalo do seu entorno familiar, e por outro cabería valorar se vai a ser máis feliz oíndo pero lonxe da súa familia. Por iso, o tería posto en mans de xente que traballan máis habitualmente con este tipo de situacións para que eles valorasen e actuasen en consecuencia.
2.Descrición do acontecido: Durante a sesión interactiva na que estábamos a traballar matemáticas mediante a realización dun crucigrama de números pedinlle a unha alumna (que non acude con regularidade a escola) que me dixera cal era o número que correspondía se a 20 se lle quitaban 10, deixeille tempo para pensar e como non respondía pedinlle que se levantara e mo sinalara na táboa dos números do 1 ao 100 que tiñan colgada na parede da aula. A alumna non fixo ademán nin de moverse da cadeira polo que deixei de dirixirme a ela e pedinlle a un compañeiro que me responderá a pregunta realizada, o compañeiro respondeu correctamente, polo que a alumna anterior colleu a goma de borrar e lanzoulla ao seu compañeiro dándolle na cara. Inmediatamente eu díxenlle que o seu acto ía a ter consecuencias ao día seguinte xa que nos atopabamos na ultima hora, a súa resposta foi “PUES MAÑANA NO VENGO Y YA ESTÁ”
Si houbo unha intervención por parte da docente: A consecuencia inmediata foi pedirlle perdón ao seu compañeiro e recoller a goma do chan. Outra consecuencia foi retirarlle a goma o seu estoxo para que aprenda a coidar o seu material, ademais tivo que cubrir no recreo do día seguinte o parte de incidencias que a titora tiña na aula no que os alumnos deben contar o sucedido e reflexionar sobre o que pasou e os motivos que a levaron a actuar dese xeito.
3.ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso:
Esta práctica
serviunos para pararnos a pensar en todas as emocións que vivimos ou que nos
fan vivir os alumnos, ou que eles mesmos senten e como as xestionan ou xestionamos,
así como para analizar a nosa actuación e se esta foi unha decisión tomada no
momento ou se en realidade nos detivemos a pensala.
No caso de Alberto
conta que a situación si quedou ben pechada pero no caso de Dolo e Elena pensan
que a súa situación podería non estar pechada, que a aprendizaxe non está de
todo adquirida, xa sexa polos pais, no caso de Dolo ou da propia alumna, por
parte de Elena, en calquera dos dous casos poderíase volver a repetir a situación
pois a o aprendizaxe non foi significativo. Nestes dous últimos casos cabe
destacar que os alumnos veñen de familias desetructuradas nos que non teñen
normas de comportamento, nin rutinas escolares, familiares ou de hixiene
persoal establecidas o que probablemente inflúa moito nas situacións vividas
tanto dentro como fora da aula.

No hay comentarios:
Publicar un comentario