ALBERTO
ELENA
1. En xeral gustounos a todos a elaboración desta dinámica, sen atopar ningunha problemática a destacar durante a mesma, de feito incluso nos resultou relaxante polo momento do debuxo que esta implica.
2. Como obxectivos que consideramos que persegue esta dinámica, son basicamente o de “aprender a identificar as nosas cualidades positivas e como estas derivan en logros ou metas a acadar na vida”. En xeral, no caso das nosas árbores, puidemos comprobar como a meirande parte dos nosos obxectivos foron cumpridos, se ben algún como os relacionados co ámbito académico por exemplo, aínda continúan en proceso, pero parece que van polo bo camiño.
3. Sen lugar a dúbidas todos coincidimos na practicidade desta dinámica. Co agobio do día a día, nunca nos paramos a pensar en ata onde chegamos e grazas a que o conseguimos. Así pois, pararse un momento e decatarse das nosas cualidades resultounos motivador en xeral, parece que anima a continuar con outras ideas que xa roldan nos nosos pensamentos.
4. En canto á utilidade de cara á posta en práctica nun aula, os tres coincidimos nas dificultades da mesma de cara ao alumando de Educación Infantil, máis que nada por que consideramos que resulta demasiado complexa a nivel cognoscitivo. Asemade, de cara a Educación Primaria, si se podería aplicar, mais tendo en conta que o alumnado deberá estar o suficientemente desenvolto e con previa práctica no ámbito socioafectivo



No hay comentarios:
Publicar un comentario