ORIENTACIÓNS XERAIS PARA A PARTICIPACIÓN NO BLOG


1. OBXECTIVOS

O obxectivo principal do BLOGUE DE EDUCACIÓN EMOCIONAL é contar con un espazo de encontro donde poder compartir con facilidade os resultados das reflexións sobre as actividades prácticas que realizamos nas clases interactivas ou algunha actividade de aprendizaxe que nos interse compartir cos demáis membros do grupo interactivo.

Tamén ten como finalidade ampliar os vosos coñecementos con outras aportacións interesantes relacionadas cos contidos da asignatura. Hai moitas cuestións relacionadas co mundo das emocións e da educación emocional que non poderán ser abordadas en clase e o BLOG ofrécenos un espazo de fácil acceso tanto para compartir contidos como para acceder á información compartida e aportar as vosas ideas e comentarios.

 

Os obxectivos máis específicos deste blog son os seguintes:  

 

1.     Ampliar ou completar os contidos da materia e ofrecer temas para o debate entre o grupo. As fontes de información para ampliar estes contidos poden ser vídeos ou artigos en liña relacionados cos contidos de cada tema. Na plataforma tes varios videos para cada tema que podes empregar, tamén tes outras referencias na SECCION de RECURSOS do CAMPUS VIRTUAL.

2.     Dar a coñecer a personaxes relevantes do campo científico relacionado co ámbito das emocións e/ou da educación emocional. No documento

3.     Dar a coñecer experiencias interesantes de Educación emocional no noso país e/ou noutros países.

 

2.FORMAS DE PARTICIPAR NO BLOG, VALORACIÓN E ETIQUETAS

Exiten dúas formas de participar no blog, cada unha con distinto nivel de esixencia e distinto tipo de participación e valoración.

 

1.     Como autor/a de posts orixinais de forma individual (OPCIONAL) redactando entradas orixinais sobre algún tema a partir de información consultada na rede. Debes aportar un máximo de 4 entradas orixinais de calidade (Ver criterios de calidade das entradas no blogue). Cada entrada terá unha extensión aproximada de 500 a 700 palabras como máximo.

Valoración: máximo 0,60 ptos polas 4 entradas.

Etiquetas: Todas as entradas deben ter as seguintes etiquetas:

-     Identificación do autor/a: Nº Equipo_nome. Exemplo: E06_Lara

-     Identificación da sección: Exemplo:  REFLEXIÓN /TEMA, PERSOAXES, etc.

 

2.     Como co-autor das entradas referidas ás PRACTICAS das sesións interactivas (OBRIGATORIO). Case todas as entradas do blogue referidas a este apartado serán EN EQUIPO (3-4 personas). Deben realizarse coa participación e aportacións individuais de todos os  membros do equipo. Cando se trate dunha aportación individual xa se indicará na descrición da práctica. Estas entradas realizas unha persona do equipo (podedes rotar) e debe poñer as seguintes etiquetas: Identificación do equipo: E01, E02, E03, etc.

Valoración: máximo 3 ptos

Etiquetas: Todas as entradas deben ter as seguintes etiquetas:

-     Identificación do equipo: Nº Equipo_nome. Exemplo: E06_Lara

-     Identificación da práctica: Exemplo:  PRÁCTICA_1

TIPO DE APORTACIONS DE CARACTER OPCIONAL E COMO ETIQUETALAS

As aportacións de carácter opcional poden ser do seguinte tipo:

1.      AMPLIACION DOS TEMAS: Ideas fundamentais dun tema de interese relacionado coa Intelixencia e/ou a Educación emocional e que permita ampliar ou completar os asuntos abordados nos diferentes temas. No último apartado tes suxerencias sobre os asuntos que podes abordar en relación con cada tema. Nos posts sobre un tema, como mínimo debes citar unha ou duas fontes con certa solvencia (docentes, algunha institución ou organismo oficial, unha charla TEDx, un video dalgún programa divulgativo como REDES, etc...en fin, trátase de que empregues fontes fiables para extraer a información. As fontes deben ser citadas e debes incluir os enlaces e incrustar os vídeos.

ETIQUETA: TEMAS

2.      PERSOAXES: Reseña breve dun personaxe relevante relacionado coa Educación Emocional. Pode ser un científico ou divultador, ou un mestre/a especialmente destacable pola súa labor profesional. Pode ser español ou estranxeiro. Debes aportar información sobre Quen é, en que traballou, cales son as suas principais aportacións, algunha curiosidade, etc. É importante que incluas algunhas fotografías e enlaces a algunha páxina de interese relacionada co autor para saber máis acerca da sua vida ou obra.

ETIQUETA: PERSOAXES

3.      REFLEXIÓNS PERSOAIS sobre un tema de debate ou conflictivo que poida xurdir en torno aos diferentes temas da asignatura. Debe tratarse dunha temática relevante e estar ben fundamentada.

ETIQUETA: REFLEXIÓNS

4.      CONFERENCIAS: son posts nos que presentas e resumes as ideas fundamentais dalgunha conferencia de interese relacionada cos temas de educación emocional. Trátase de que o vexas e fagas unha breve síntese e comentario sobre o seu contido. Tamén podes buscar outros videos que che resulten interesantes. Algunhas suxerencias: Podes buscar conferencias de Mar Romera, de David Bueno, Alvaro Bilbao, de Rafael Bisquerra, de Daniel Goleman, Marian Rojas Estapé, Jose Antonio Marina, Carles Perellada, etc.

ETIQUETA: CONFERENCIAS

5.      ENTREVISTAS: podes facer resumos das entrevistas a personaxes relevantes relacionados co tema das emocións. Na plataforma do BBVA Aprendemos juntos, podes atopar moitas entrevistas  interesantes.

ETIQUETA: ENTREVISTAS

6.      RECOMENDACIONS: son posts nos que se presenta e se comenta algún recurso para traballar a educación emocional. Poden ser libros, contos, programas específicos de educación emocional, páxinas web especialmente interesantes, etc. Estas aportacións realizaranse a maiores das 4 aportacions posto que non implican ningún traballo de reflexión ou elaboración personal, trátase simplemente de facer unha recomendación dun recurso que se desexa compartir co grupo. Terase en conta a sua aportación para matizar a valoración global…. +0,05. Basta con facer 1 ou 2 aportacións.

ETIQUETA: RECOMENDACIÓNS

7.      PELÍCULAS: analizar e comentar unha película na que se abordan cuestión relacionadas coa intelixencia emocional. Explicar qué aspectos se poderian traballar na aula.

ETIQUETA: PELICULAS

 

AVISO MOI IMPORTANTE

En todos os casos, para que o post sexa valorado positivamente debe incluir a referencia ás fontes empregadas. Cando se trata do resumo ou reseña dunha conferencia ou charla TED, ou dun programa de TV, lóxicamente solo haberá unha referencia (neste caso debes incluir o enlace ao video ou, mellor ainda, incrustalo no propio blog para que poida accederse directamente a el).

 

No último apartado recóllense diversos temas interesantes para abordar.

 

É MOI IMPORTANTE que revises o blog antes de escribir para asegurarte de que ese tema non foi abordado por outros compañeiros e compañeiras con anterioridade ou ben que a tua intervención ten unha orientación distinta ou aporta outra información. Por iso é IMPORTANTE que antes de preparar unha aportación comprobes que non está xa publicada e que avises aos teus compañeiros e compañeiras que estás traballando para facer esa aportación. Deste xeito non haberá aportacións duplicadas.

 

3. CRITERIOS DE CALIDADE

 

Criterios de calidade e valoración das entradas de carácter opcional:

 

-       Continuidade: Alomenos a metade das aportacións antes da metade do cuatrimestre. É dicir, que non se fagan todas as aportacións xuntas nas últimas semanas do curso.

-       Relevancia e interese dos contidos abordados tanto nos posts que redactes como nas recomendacións que fagas de outros traballos ou recursos.

-       Orixinalidade: que sexan contidos non abordados por outros grupos, ou que se aborden desde outra perspectiva ou fontes documentais.

-       Rigor académico: que a redacción dos textos sexa orixinal e se citen as fontes documentais empregadas. É moi importante que sobre o que escribas aportes as referencias documentais (videos, enlaces a outros artigos) que documentan a túa intervención.

-       Aspectos formales: boa redacción, sin faltas de ortografía e unha composición atractiva e coidada dos posts. Valorase que que incluan imaxes e que os videos consultados sexan incrustados no propio post para facilitar o acceso á información orixinal. Tamén se valora unha boa organización da información que faga maís doada a lectura do post (parágrafos reducidos, destacar as palabras clave, enumerar as ideas fundamentais, entrecomillar frases textuais que sexan de interese, etc.)

 

En función destes criterios realizanse tres niveis de VALORACIÓN-CUALIFICACIÓN:

MB (0,15): Moi Ben. Cúmplense todos os criterios de calidade

BEN (0,10): Cumplense casi todos os criterios de calidade pero algún non se cumple.

REG (0,05): Regular, cumplense poucos criterios de calidade.

Pode haber puntuacións intermedias.

 

 

 

 

 

4.     SUXERENCIAS DE RECURSOS E TEMAS QUE SE PODEN ABORDAR

 

A continuación fágoche algunhas suxerencias de temáticas interesantes e tópicos que gardan relación con cada un dos temas do temario. A finalidade desta relación é que che sirva de orientación e de axuda á hora de buscar información relevante para compartir. Non é unha lista pechada, e nese sentido poderá ser ampliada entre todos ao longo do cuatrimestre.  Sin embargo, é recomendable que explores estes tópicos que che propoño posto que gardan unha relación directa cos contidos que se irán abordando en cada tema e serviranche de axuda para profundizar no coñecemento dese tema.

Recoméndoche que revises a sección de RECURSOS BIBLIOGRÁFICOS que tes na plataforma e tamén as suxerencias de videos que vos fago en cada tema. Estes poderian ser os vosos primeiros candidatos para visualizar e resumir. Recoméndovos especialmente que exploredes as seguintes fontes de información:

 

-          Plataforma BBVA "Aprendemos juntos",  tes moitas entrevistas con personaxes relevantes e moi interesantes sobre os temas que nos ocupan.

-          TV A la carta. Arquivos dos programas de REDES. Tes moitos programas destinados exclusivamente ao tema das emocións, neurciencia, felicidade, etc. Moi interesantes

-          A web de Elsa Punset: experta divulgadora no tema das emocións. A web conta con moitos vídeos interesantísimos e sempre entrevista a personaxes do máis relevante que despois podes reseñar.

-          A web das diferentes xornadas de Educar para SER. Neste espazo vas atopar as ponencias das distintas xornadas de Educar para Ser. Moitas delas falan sobre a convivencia, as emocións, a resiliencia, etc. Unha web moi recomendable.

-          Películas para traballar a Intelixencia emocional co alumnado. Enlace á selección de 30 películas para trabajar la Inteligencia Emocional.

-          Peliculas para docentes: 20 películas imprescindibles para docentes y estudiantes en educación.

 

PERSOAXES que poden ser de interese:

-          Científicos ou divulgadores relacionados coa Intenlixencia emocional como Daniel Goleman, Salovey e Mayer, Reuven Bar-On, Tal Ben Shahar, Mihalyi Csikszentmihalyi, Martín Seligman...

-          Científicos ou divulgadores relacionados co cerebro e a súa relación coa emoción como Antonio Damasio, Joseph Ledoux, Alvaro Bilbao, David Bueno, Francisco Mora, etc.

-          Porfesores relevantes: podes facer a reseña de Mestres e mestras de Infantil e Primaria ou profesores doutros ámbitos que destacaron dalgún xeito polo seu trato co alumnado, que teñen ou tiveron un especial carisma ou que traballan nas suas clases o tema da intelixencia emocional de forma especial. Por exemplo: Cesar BonaToshiro Kanamori, Jose Antonio Fernández Bravo, Jose Maria Toro, Matt Goldman,... Podes ver outros Mestres relevantes en: https://aprendemosjuntos.elpais.com/categoria/maestros/

-          Divulgadores de temas relacionados coas emocions: hai personas relevantes que, ainda que non sexan propiamente investigadores relacionados coas emocións sí teñen feito moito pola divultación científica. Este é o caso, por exemplo de Eduard Punset e a súa filla Elsa Punset. A partir das súas páxinas poderás atopar moitos temas interesantes relacionados coas emocións e a educación emocional. Tamén son moi interesantes as conferencias de Mar Romera sobre Educación Emocional.

-          Personaxes relacionados co tema da crianza e o apego: Casilda Rodrigañez, Carlos González, Laura Gutman, etc

-          Outros persoaxes: outras personas que tu consideres relevantes ou interesantes en relación co tema e das que queiras falar.... Escoita charlas TED interesantes. Por exemplo a de Benjamín Zander

 

OUTRAS SUXERENCIAS DOS CONTIDOS QUE SE PODEN ABORDAR EN CADA TEMA

 

A continuación aparece unha breve relación, a modo de suxerencia, dos contidos sobre os que poderias buscar información para ampliar ou reforzar os contidos traballados en cada tema. Esto é solo unha suxerencia que, por suposto, podes ampliar.

 

EN RELACIÓN CO TEMA 1: O marco conceptual das emocións

 

1.      A intelixencia emocional  (Persoaxes: Salovey e Mayer, Daniel Goleman)

2.      As emocións adoptadas , As emocións sistémicas…

3.      A base biolóxica/neurobiolóxica das emocións

4.      As emocións e o cerebro (Persoaxes: Joseph Ledoux / Antonio Damasio)

5.      O concepto de Resiliencia e a súa importancia. Resiliencia e Neurociencia

6.      A manifestación das emocións no corpo. Emocións e saude, As enfermedades psicosomáticas…

7.      O universo emocional (Persoaxes: Elsa Punset / Eduardo Punset)

 

EN RELACION CO TEMA 2: Desenvolvemento emocional

 

1.      A importancia da vinculación. Os estilos de vinculación. Persoaxes relacionados: John Bowlvy e Mary Ainsworth- Psicólogos

2.      A experiencia de Mary Ainsworth e os tipos de apego.

3.      A teoría do apego de Bowlvy

4.      Os trastornos do vínculo

5.      Problemas derivados de un apego inseguro

6.      Relación entre TDAH e apego

7.      Crianza e apego…a crianza con apego  (Persoaxes relacionados: Carlos Gonzalez-Pediatra)

8.      Medios de comunicación e emocións / Educación emocional, papel dos medios de comunicación na Educación emocional.

9.      Educación emocional e redes sociais. O papel das "influences infantiles"

 

EN RELACION CO TEMA 3: A integración da educación emocional na escola

 

1.      A importancia da intelixencia emocional na escola

2.      Por qué é importante a educación emocional

3.      A pedagoxia sistémica

4.      A pedagoxía holística

5.      Diferentes enfoques para abordar a educación emocional na escola

6.      Como é a actitude dun mestre/a emocionalmente intelixente ou competente

7.      ¿Que significa ser un mestre emocionalmente intelixente?

8.      Persoaxes: Cesar Bona, Toshiro Kanamori, Jose Antonio Fernández Bravo, Jose Mª Toro, Mar Romera, Anna Forés, etc

9.      A educación para o SER. Ver as Xornadas de "Educar para SER" do curso pasado en ALMANSA e facer o resumo de algunha das ponencias das Xornadas.

10.  Documental: A Educación prohibida

11.  A Neuroeducación e a neurodidáctica…

 

 

 

EN RELACION CO TEMA 4: Análise de programas de Educación Emocional

 

Programas de Educación Emocional dirixidos a Educación Infantil /Primaria: Buscar programas na rede diferentes aos que se proporcionan na plataforma.

1.      Programa Treva

2.      Mindfulness na escola

3.      Focusing e educación

4.      A Comunicación Non Violenta de Marshall B. Rosenberg

5.      As “Escolas despertas” Persoaxe: Thich Nhat Hanh

6.      “As escolas que cambian o mundo”… Persoaxe: Cesar Bona

7.      Escuelas Changemaker

8.      O Programa Educación para ser da Comunidade de Madrid. Enlace: https://www.educarparaser.org/

 

EN RELACION CO TEMA 5: O benestar docente

 

Este tema está orientado ao crecemento persoal do/a mestre/a e ao benestar docente. Por iso, propóñovos como temas para explorar, ademáis dos aspectos relacionados co benestar e malestar docente, algunhas ferramentas e recursos para o traballo persoal e/ou a terapia. No desenvolvemento deste tema céntrase a actividade de aprendizaxe nº 5, de todos  xeitos podes facer reflexións, reumos de algún video

 

1.      Que é o benestar docente

2.      Benestar docente e saude

3.      O síndrome de Burnout no profesorado e Infantil e Primaria

4.      Intelixencia emocional no traballo docente  (Esta reflexión xa se propuxo na actividade opcional do T1)

5.      As emocións dos docentes

6.      Como é un docente emocionalmente intelixente

7.      Benestar docente en tempos de Pandemia

8.      Análise do proceder de algún docentes de película. Ver enlace

 

EN RELACIÓN COAS Tecnicas e ferramentas para o crecemento personal:

 

1.      Mindfulness ( Persoaxes: Jon Kabat Zinn / Thich Nhat Hanh /Vicente Simón)

2.      Constelaciones familiares. (Persoaxes relacionados: Bert Hellinger)

3.      Neurofeedback

4.      Análisis transaccional

5.      Focusing

6.      Bioneuroemoción

7.      Programación neurolingüística

8.      Psicoterapia integrativa (Persoaxes: Richard Erskin)

9.      Terapia cognitivo-conductual

10.  O estrés no profesorado: causas e tratamento


No hay comentarios:

Publicar un comentario