jueves, 29 de abril de 2021

PRÁCTICA 9: INTRODUCIÓN AO MINDFULNESS (ONL_01)

 

MINDFULNESS

 

1.   Valoración reflexiva do que supuxo a práctica.

ALBERTO

 

Tras a realización da práctica empregando os audios, a verdade é que un queda tranquilo. Ao principio, costa moito evadirse e concentrarse no feito de respirar e concentrarse no propio corpo, sen darte conta a mente non para de fuxir aos pensamentos típicos da vida cotiá.

Non obstante, unha vez que logras fuxir un pouco do espazo-tempo e concentrarte en ti mesmo, resulta unha dinámica moi satisfactoria. De feito, ao final acababan os audios e aínda pasaba un par de minutos en silencio sen moverme ata decatarme de que remataran, cousa que me sorprendeu polo meu carácter nervioso e inquieto...

No meu caso, realicei a practica pola tarde e, tras unha mañá de traballo, sentín unha sensación de relaxación e benestar que deixan estas prácticas. De feito, parece que ata tivena mente máis aberta para continuar coas labores académicas o resto do día.

DOLORES

No meu caso, tan só coñecía o Mindfulness de escoitar algunha vez o término, pero sen saber exactamente de que se trataba. Unha vez visualizados os vídeos e realizada a práctica a verdade e que me sinto moi receptiva con este tipo de prácticas, e me gustaría poder chegar a integralas na miña vida. Son consciente de que se necesita práctica, pero me gustaría seguir investigando e practicando para poder obter resultados, dado que son bastante ansiosa. Creo que me axudaría a afrontar dun xeito diferente os meus interminables días.

 Na práctica costoume bastante conseguir relaxarme, non estou afeita a este tipo de prácticas. Empecei a disfrutar máis co audio da respiración porque conseguín desconectar e disfrutalo. Despois da práctica estaba máis relaxada, o que a priori non me parecía moi factible, e foi agradable a sensación de quietude e tranquilidade. A consciencia que conseguín como o propio término Mindfulnes indica.

En canto o feito de aplicalo en con nenos penso que sería moi interesante, e ademáis facelo dende que son pequenos para que podan ir interiorizando a súa práctica. Os nenos suelen ser bastante receptivos, xa que non teñen prexuízos que poden ter os adultos.

Elena

No meu caso escoitei falar do Mindfulnes a miña nai algunha vez xa que ela ía a clases na Asociación de Fibromialxia, ela sempre me dicía que tiña que probar que ela estaba encantada, pero ata o de agora nunca me parara a pensar nel. Tras visualizar os vídeos e falar un pouco máis do tema coa miña nai, penso que pode ser unha ferramenta moi útil no meu día a día, tanto na vida persoal como na profesional. Aínda que non escollín o mellor día para realizar a practica xa que tiña un dolor de cabeza bastante intenso conseguín relaxarme e ata me deu a sensación de que baixara a intensidade da miña dor de cabeza. Gustaríame, nun futuro próximo, coñecer máis sobre esta técnica e poder empregala para conseguir reducir o nivel de ansiedade e obter resultados positivos.

 

2.      Resumo das ideas principais dos 7 fundamentos da práctica do  Mindfulness:

·         Non enxuizar: Tendemos inconsciente a categorizar toda a nosa experiencia a través destes 3 filtros básicos: gústame, non me gusta e resúltame indiferente. Co mindfulness, adestrámonos en suspender o xuízo e observar simplemente o que acontece, incluíndo as nosas reaccións.

·         Paciencia: Meditar é a actividade do non facer. Non podemos meternos presa, xa que meditar de forma acelerada non tería sentido. O mindfulness require polo tanto tempo e paciencia.

·         Mente de principiante: Isto implica procurar observar e sentir as cousas como se fose a primeira vez, sen que interveñan experiencias pasadas ou


pensamentos innecesarios. A mente de principiante, ánclase no momento presente, tráenos concentración e claridade.

·         Confianza: O mindfulness axuda a desenvolver unha confianza básica nun mesmo e nos seus sentimentos. Aprendemos a confiar na nosa intuición e a nosa autoridade interna. Así pois, esta práctica pasa por aprender a confiar en nós mesmos e a facernos responsables das nosas vidas instante tras instante.

·         Non forzar: Nas actividades normais, todo o que facemos apunta a un obxectivo. Esta actitude, no caso da meditación, é contraproducente e un verdadeiro obstáculo. A meditación non é un medio para un fin, no ten tanto que ver co facer como co non facer. Meditar é aprender a ser, meditamos porque si.

·         Aceptación: Isto implica ver as cousas tal e como son. Se aceptamos as situacións sen deixarnos levar a polos xuízos, podemos ter unha visión máis clara do que está a suceder e, dende aí, saber como actuar.

·         Soltar: Practicando mindfulness, aprendemos a ver como nos aferramos ou identificamos cos nosos xuízos, pensamentos, sentimentos ou persoas, obxectos e situacións. A meditación é unha aprendizaxe de como soltar. Cada vez que soltamos un pensamento ou emoción, nos estamos adestrando nisto. Esta capacidade permítenos desenvolver a cualidade espiritual do desapego, que nos axuda a vivir con máis liberdade e alegría.

3.   Cales consideras que son os principais beneficios do Mindfulness para os nenos e nenas de Ed. Infantil e/ou Primaria?. E os beneficios para os docentes?. Indica alomenos, 4 beneficios que foran contrastados pola investigación.

-          Nos nenos/as produce unha mellora na súa intelixencia emocional, provocando ademais unha mellora da consciencia dun mesmo e do propio corpo, aumentando a súa capacidade de atención. Por outra banda, mellora o proceso de ensinanza aprendizaxe axudando ao alumno a centrarse máis no proceso que no resultado e, en canto as relación interpersoais, mellora a empatía, a compasión e o clima na aula (Almansa, G., et al., 2014).


-          Para os docentes, axúdanos á mellorar o noso autocontrol nos pensamentos, á nosa regulación emocional e vai provocar unha diminución nos nosos niveis de estres, o cal repercute nun menor número de baixas laborais (Mañas Mañas, I., Franco Justo, C., & Justo Martínez, E., 2011).

-          Contrastados pola ciencia, demostráronse os seguintes beneficios (Andrade Dufo, Y. L., & Tapia Cordero, A. B., 2020):

o   Diminúe a hiperactividade en alumnado TDAH.

o Aumenta o rendemento académico en comparación ao alumnado que non practicou esta disciplina.

o   Descende a taxa de criminalidade e, polo tanto, o risco de exclusión social

o   Aumenta as probabilidades de éxito laboral.

Ø  REFERENCIAS EMPREGADAS:

o   Almansa, G., Budía, M., López, J. L., Márquez, M., Martínez, A. I., Palacios, B., ... & Sáenz-López Buñuel, P. (2014). Efecto de un programa       de           Mindfulness                     sobre                       variables                 motivacionales   y psicológicas                     en   educación      Primaria.                   Accesible       en: https://www.researchgate.net/profile/Pedro_Bunuel/publication/33 1676341_EFECTO_DE_UN_PROGRAMA_DE_MINDFULNESS_ SOBRE_VARIABLES_MOTIVACIONALES_Y_PSICOLOGICAS_ EN_EDUCACION_PRIMARIA/links/5e6d2bfb92851c6ba703ef45/ EFECTO-DE-UN-PROGRAMA-DE-MINDFULNESS-SOBRE- VARIABLES-MOTIVACIONALES-Y-PSICOLOGICAS-EN- EDUCACION-PRIMARIA.pdf

o   Mañas Mañas, I., Franco Justo, C., & Justo Martínez, E. (2011). Reducción de los niveles de estrés docente y los días de baja laboral por enfermedad en profesores de educación secundaria obligatoria a través de un programa de entrenamiento en mindfulness. Clínica y salud, 22(2), 121-137. Accesible en: http://scielo.isciii.es/pdf/clinsa/v22n2/v22n2a03.pdf

o   Andrade Dufo, Y. L., & Tapia Cordero, A. B. (2020). Programa de Mindfullnes infantil para niños de 4 a 5 años con problemas de


conducta (Bachelor's thesis, Universidad del Azuay). Accesible en: http://dspace.uazuay.edu.ec/bitstream/datos/9635/1/15268.pdf

4.  Busca na rede 1 ou 2 cursos de formación en Mindfulness para docentes que estén avalados por algunha institución oficial ou que consideres que son programas de calidade.

 No grupo pensamos que a mellor forma de informarnos sería a través de medios regulados, como pode ser a nosa propia facultade ou institucións como Anpe Galicia, que sempre están  dispostos a axudar a todo o profesorado. En canto ás opcións online, procuramos optar por institucións que abalan estas docencias para evitar fraudes, como a continuación se expón:

Ø  Coa modalidade de cursos online, atopamos entre outros, o ofertado polo Instituto Europeo de Psicoloxía Positiva. Accesible en: https://www.iepp.es/titulo-superior-mindfulness-gestion-emocional/

Ø  A nosa propia universidade ofrece no seu campus de Santiago de Compostela o mindfulness como actividade dentro do campo de “ocio e benestar”.   Accesible          en: https://aplicacions.usc.es/deportes/actividades/datos.jsp?idActividad=13 32

Ø  Tamén podemos atopar estudos específicos do mindfulness a través da USC, conformando unha materia en si mesma denominada “Introdución ao                         mindfulness”. Accesible             en: https://www.usc.es/gl/titulacions/ivciclo/programas/intrmin.html

 

5.   Actividades de Mindfulness para nenos/as de Infantil ou de primaria.

 

Actividade “A postura de Mente atenta": Unha das primeiras practicas polas que se pode comezar e pola postura de meditación ensinándolles a fixar a súa atención na respiración. Esta será a postura da que partirán o resto de actividades e xogos. Pódense empregar cancións ou meditacións guiadas para recordar as claves da postura.

Ver enlace: http://aescoladossentimentos.blogspot.com/2016/03/10-actividades- de-mindfulness-para-nins.html


Enlace do vídeo: https://youtu.be/9MbORyTiLOU

 

Actividade “Acaricia as miñas mans” (5 anos): Sentados en círculo, os nenos detéñense a observar as súas mans, realizando diversos movementos con elas: xuntar as palmas, acercalas e alonxalas da cara, acaricialas entre si...Despois, hai que pechar e abrir os puños suavemente, notando como se estira a man e como, ao pechala as unllas apertan levemente a pel. Logo pode recorrerse as raias da palma da man notando o cosquilleo...e así sucesivamente.

Ver             enlace:            https://www.campuseducacion.com/blog/revista-digital- docente/mindfulness-aplicado-la-educacion/

Actividade “Escoita o silencio”: Empregando un conco tibetano, ou outro instrumento que teña moita vibración, explicamos aos nenos que imos a facer un son e que deben escoitar coidadosamente ata que se deixe de oír (soe ser entre 30 segundos e un minuto). Podemos indicarlles que levanten a man cando deixen de escoitar, así non interrompen ao resto. O efecto soe ser calmante e á súa vez é una forma divertida de adestrar a atención.

Ver enlace: https://vivirmindfulness.com/educar/11-ejercicios-de-mindfulness- para-ninos

miércoles, 28 de abril de 2021

PRÁCTICA 7: A "VENTANA DE JOHARI", OUTRA FORMA DE COÑECERNOS (ONL_01)

 ELENA


DOLO


ALBERTO

1.- Resultouvos fácil ou difícil? 

En xeral aos membros do noso equipo non nos resultou moi complicada a práctica. Ë certo que foi un pouco atípico preguntar a persoas do noso traballo ou entorno menos cercano, o que pensan dalgunhas das nosas cualidades.

 

2.- Que foi o que máis vos sorprendeu? Descubriches algo novo sobre ti? 

No caso de Dolo si houbo algunhas respostas que lle sorprenderon na área cega e na área oculta. Referente á área cega, as persoas ás que preguntei venme como unha persoa paciente e constante, cando eu non me tiña por unha persoa con esas características, pero sorprendéronme gratamente. Por outra banda tamén me chamou a atención que sendo unha persoa nerviosa non transmita esa sensación á xente coa que traballo, cualidade que aparece na área oculta, o que quere decir que non o demostro demasiado.

 No caso de Elena sorprendeuse pouco dos resultados obtidos as persoas as que lle preguntou coinciden en que é unha persoa traballadora e empática, que sempre esta disposta a axudar, ela mesma afirma que é algo que leva escoitando moito tempo e que xa o ten interiorizado.

 No caso de Alberto dinos que non se sorprendeu moito xa que en maior ou menor medida eran respostas que podia esperar da xente a que lle fixo a enquisa.

3.- Que aprendiches con esta práctica? 

Aprendemos que en realidade hai cualidades de nós mesmos que demostramos incluso sen querelo, de forma involuntaria, e que aparecen na área cega. E pola contra cualidades que temos e que non demostramos en determinados ámbitos da nosa vida, que aparecerán na área oculta. Cando ampliamos esta información a través de preguntas podemos modificar os límites de ditas áreas e pasarán a pertencer á área libre, conseguido ser deste xeito mais transparentes, e mellorando as nosas relacións. A ventana de Johari é unha ferramenta moi útil coa que podemos aumentar o autocoñecemento para poder mellorar a nivel persoal como en relación cos demais.

 

4.- Valoración sobre a adaptación á escola: Crees que esta dinámica se pode adaptar para realizala con nenos e nenas de infantil e/ou de Primaria?

Pensamos que é unha ferramenta perfectamente aplicable na escola. No caso de nenos e nenas de infantil podemos adaptar as preguntas que lles facemos. Tanto para coñecer o que pensan de sí mesmos como dos seus compañeiros e compañeiras.  Se lle preguntamos a un neno se “fulanito” é competitivo seguramente non nos comprenderá, pero si lle preguntamos….  “ A fulanito gústalle gañar sempre”? Entenderá a pregunta e saberá contestarnos.

Tamén teríamos que explicarlles os resultados da nosa ventana de Johari, poñéndolles exemplos para facilitarlles a súa comprensión, pero pensamos que son perfectamente capaces de entender a esencia da tarefa que estamos a realizar.

Por iso cremos que si pode adaptarse a infantil e obter resultados moi positivos coa súa aplicación no grupo-clase.

Do mesmo xeito en Primaria e por tanto con nenos de maior idade, valoramos que  poderíamos levar a cabo a ventana con máis facilidade. Tendo en conta que que xa comezan ou saben ler e escribir e que ademais xa coñecen máis conceptos, pode que   incluso puideran chegar a comprender os resultados coa nosa axuda.

Tanto en infantil como en primaria, cremos que sería un bo xeito de favorecer a empatía e a confianza no grupo.

 

5.-Valoración sobre a utilidade para ti como profesional da educación: Consideras que pode ser útil para ti como mestre? En que sentido? En que circunstancias?

A ventana de Johari parécenos unha ferramenta moi útil tanto a nivel persoal coma profesional.

Por un lado co grupo de compañeiros de traballo. Nun principio creíamos que podía resultar complicado que os membros dun grupo de traballo, desen respostas sobre as cualidades dos demais membros, pero logo pensamos que esas respostas podían darse de forma anónima para facelo menos comprometido nun principio. Despois pódense mostrar os resultados para que cada quen poida beneficiarse dos resultados obtidos. Deste xeito podería irse potenciando a confianza entre os membros dun grupo, e mellorando as súas relación.

Por outro lado no grupo de alumnos. Parécenos útil para aplicalo aos alumnos, e ir coñecendo o que cada un pensa de si mesmo de dos seus compañeiros. Descubrindo deste xeito como o ven os demais en contraposición co que cada un pensa de si mesmo. Ë certo que cremos que será mellor a partir de certas idades onde xa son capaces de diferenciar as cualidades positivas das menos positivas nos seus compañeiros, e poñerlles nome. Cremos que podería ser unha forma viable de limar asperezas ou confrontacións dentro do grupo-clase, sobre todo tendo en conta que hai idades máis complicadas que outras.

 


PRÁCTICA 6: CREAR CASOS DE EMOCIONS NO CONTEXTO ESCOLAR (ONL_01)

 

01_    ALBERTO
1.    Contexto no que acontece a historia:
 
No patio dunha escola ao aire libre (Carballeira exterior do recinto) durante o recreo.

2.    Descrición do acontecido:
 Estando todo o alumnado no exterior da escola, no que poderíamos chamar o patio de recreo (tratábase dunha escola ao aire libre, polo que en realidade era unha carballeira), tódolos nenos e nenas xogaban libremente, todo estaba tranquilo. Xosé, o alumno en cuestión, estaba andando e saltando por un muro que estaba preto, unha actividade que lle encantaba realizar.
 
Chegado o momento, a mestra titora daquel grupo ordenou que nos fóramos todos e todas para a aula, debido a que era o momento de facer unha actividade concreta que tiña planeada. Todos os alumnos/as obedeceron e foron cara a escola sen maior preocupación, pero Xosé non, seguiu andando tranquilamente polo muro, sen facer caso. A mestra achegouse a el e recriminoullo, alentando porque fora cos demais nenos/as (Desencadeante).
 
Nese intre, Xosé empezou a berrar, poñéndose colorado e incluso empezou a chorar desconsolado (Expresión visible da RABIA), porque el quería seguir no seu muro. Eu achegueime xunto da mestra, indicándolle que se quería fose xunto aos demais mentres eu quedaba con Xosé para convencelo, o cal aceptou.
 
(Intervención) A miña reacción principal foi deixalo desafogarse mentres eu continuaba ao seu carón. Pasados uns minutos, conseguín poder falar con el e convencelo de volver á escola cos demais, coa premisa de volver máis tarde ao exterior os dous xuntos. Xosé aceptou a dubidoso, pero conseguimos xuntarnos ao resto do grupo-clase.
 
3.    ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso. 
1.    Cal foi a emoción sentida: Rabia
2.    Cal foi o estímulo desencadenante: Obrigar a acatar unha orde.
3.    Cal foi o pensamento (que tipo de pensamento puido ter o suxeito): “Queren impedirme realizar o que a min me gusta nese momento.”
 
4.    Cal foi a acción/s espontánea/s tanto física como verbal...Valorar a eficacia desa acción (o resultado, reacción que provocou): Berrar, chorar e patalexar.
5.    Cal foi (si a houbo) a acción social: non houbo.
6.    Cal foi (si a houbo) a intervención da docente ou doutra persona adulta: deixar pasar o “episodio” de rabia para poder dialogar.
7.    Como se pechou esa situación, sacouse algunha conclusión ou aprendizaxe da situación vivida?..pechouse cun acordo entre ambas partes, aprendendo o alumno que falando pódese obter mais do que se pensa.
8.    Pensas que a situación quedou ben pechada e que se restableceu o equilibrio emocional? si
9.    Si a resposta anterior é negativa...Cal creedes que foi o problema, que foi o que non se fixo ben?
10.  Pensades que se podia ter actuado doutra maneira?, Cal seria a vosa actuación?
 
01_DOLORES
1.Contexto no que acontece a historia: 
Foi fai xa varios cursos. Eu era coidadora nun colexio próxima a unha barriada xitana. Chegou ao cole en 4 anos un neno con implante coclear, que procedía dunha familia de etnia xitana bastante desestruturada. Debemos ter en conta que o neno fora sometido na Seguridade Social a unha operación complicada a curta idade para poñerlle dito implante.
O neno viña sen pila no implante coclear que necesitaba para oír. Ademais viña bastante sucio e ás veces notábase que viña con fame. Dábame moita pena porque a pesar da súa grande falta de comunicación o neno era moi listo e pensaba que coas atencións necesarias o neno podería acabar falando e levando a cabo unha vida dentro da normalidade, gracias aos seus restos auditivos. Ademais a pesar de vir dunha familia con problemas evidentes de falta de normas o neno era moi bo e tiña moi bo carácter.


2. Descrición do acontecido: 
Pasaron varios meses nos que o neno viña ao cole en malas condicións hixiénicas, e con signos evidentes de fame. Ademais a profesora de audición e linguaxe non podía traballar os contidos necesarios,, xa que o neno viña de forma reincidente sen pila no implante coclear. A profesora titora do neno, incluso eu mesma lle pedimos á nai que por favor lle puxeran pila no implante ao neno para poder traballar con el de forma máis eficaz, e para que a comunicación fose máis produtiva.  A pesar das boas palabras da nai, e de prometer que ía solucionar os problemas, as escusas sucedíanse unha tras outra. Primeiro ía esperar a cobrar, despois non lles chegaban as pilas á tenda onde as compraban, despois era que se gastaban moi rápido, etc....


3.  ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso.
1.  Cal foi a emoción sentida: Aínda que nun principio a emoción foi rabia, o que realmente sentía con toda esta situación era PENA.
2. Cal foi o estímulo desencadenante
O comportamento cara a un fillo con dificultades, ao meu entender pola ignorancia dos pais. Eles pensaban que coas súas mentiras nos convencían, e non eran capaces de ver que o realmente importante era o neno.
3. Cal foi o pensamento (que tipo de pensamento pudo ter o suxeito)
A pregunta que eu me facía sen parar era a seguinte: Que leva a uns pais a facer pasar ao seu fillo por unha operación tan complicada para logo deixar o aparato inutilizado por unhas simples pilas?  Non se dan conta dos enormes beneficios que lle reportaría ao neno?

4. Cal foi a acción/s espontánea/s tanto física como verbal...Valorar a eficacia desa acción (o resultado, reacción que provocou)
A verdade é que tanto a titora como eu, mostramos o noso indignación coa situación. En  repetidas ocasións lle dixemos  que non podía continuar con esa actitude, que o peor era para o seu fillo e que era unha verdadeira pena privarlle da oportunidade o poder oír. Ao cal a nai a pesar de dicir a todo que si, non paraba de mentir, e incluso deixaba de mandar ao neno ao cole durante uns días.
 
5. Cal foi (si a houbo) a acción social 
Explícaselle dende o colexio ( a orientadora ) os beneficios que para o neno tería poder manexarse co implante o importante que é que estea en bo estado e coas pilas con carga. Ofrécese incluso a posibilidade de colaborar incluso no pago das pilas, pero sen ningún avance.

6. Como se pechou esa situación, sacouse algunha conclusión ou aprendizaxe da situación vivida?.
 A pesar dos grandes esforzos dende o cole, tanto pola miña parte, como pola titora e incluso da dirección e orientación de falar coa familia non conseguimos nada neste caso que puidera axudar ao neno. Intentamos incluso, ter pilas no colexio para poder traballar co neno pero as pilas gastábanse moi rápido e non nos serviu de moito, xa que como na casa non había unha continuidade o neno non se adaptaba ben. Incluso se valorou a posibilidade de acudir a servizos sociais pero non parecía a mellor opción pensado no neno, dado que tiña dous irmáns, apartalo do entorno familiar.
Na miña opinión para poder acabar con este tipo de situacións debe haber un traballo de concienciación das familias e a inclusión na sociedade. Un traballo de concienciación e educación das xeracións máis novas. A etnia xitana ten costumes moi arraigadas algunhas delas anticuadas e  contraproducentes ao meu xeito de ver. Non penso que estes pais non queiran ao seu fillo, penso que non saben facelo mellor, polo seu entorno, e aí é precisamente onde a sociedade ten que intervir.
 
7. Pensas que a situación quedou ben pechada e que se restableceu o equilibrio emocional?
En absoluto. O neno mudouse de cidade, pero algúns anos despois volveu. Fala por lingua de signos, que os compañeiros apenas entenden. De feito, o irmán pequeno que non  ten problemas de audición, apenas fala xa que pasa case todo o  tempo co neno xordo, e comunícanse entre eles por signos .

8. Si a resposta anterior é negativa...Cal creedes que foi o problema, que foi o que non se fixo ben?
Como comentaba anteriormente, penso que a solución desta situacións pasa pola maior integración das familias de etnia xitana. Facerlles entender ata onde poden chegar os seus fillos no caso de darlles a oportunidade.
Dende o colexio valorouse a mellor situación para o neno, e non pasaba por separalo da familia. Cando o neno volveu para o colexio,  contratouse un intérprete de signos, para facilitarlle a comunicación, e para ensinar aos seus compañeiros a LINGUA DE SIGNOS

9. Pensades que se podía ter actuado doutra maneira?, Cal seria a vosa actuación?
     Eu persoalmente tería avisado a Servizos sociais, e que eles valorasen xa que me parece unha situación que se escapa das miñas capacidades, xa que son demasiados factores. Por un lado me parece complicado darlle unha oportunidade ao neno sen apartalo do seu entorno familiar, e por outro cabería valorar se vai a ser máis feliz oíndo pero lonxe da súa familia. Por iso, o tería posto en mans de xente que traballan máis habitualmente con este tipo de situacións para que eles valorasen e actuasen en consecuencia.

 Penso, e isto xa é algo totalmente persoal, que a familia o que buscaba era a paga do fillo pola discapacidade de audición. Se isto é o que máis valoran uns pais, penso que teñen un grave problema de prioridades, pero eu non son ninguén para xulgalos.


01_ELENA
1.Contexto no que acontece a historia: Nunha aula de 1º de Primaria, unha sesión con grupos interactivos no que os alumnos estaban divididos en grupos máis pequenos repartidos en otras aulas do centro

2.Descrición do acontecido: Durante a sesión interactiva na que estábamos a traballar matemáticas mediante a realización dun crucigrama de números pedinlle a unha alumna (que non acude con regularidade a escola) que me dixera cal era o número que correspondía se a 20 se lle quitaban 10, deixeille tempo para pensar e como non respondía pedinlle que se levantara e mo sinalara na táboa dos números do 1 ao 100 que tiñan colgada na parede da aula. A alumna non fixo ademán nin de moverse da cadeira polo que deixei de dirixirme a ela e pedinlle a un compañeiro que me responderá a pregunta realizada, o compañeiro respondeu correctamente, polo que a alumna anterior colleu a goma de borrar e lanzoulla ao seu compañeiro dándolle na cara. Inmediatamente eu díxenlle que o seu acto ía a ter consecuencias ao día seguinte xa que nos atopabamos na ultima hora, a súa resposta foi “PUES MAÑANA NO VENGO  Y YA ESTÁ”
Si houbo unha intervención por parte da docente: A consecuencia inmediata foi pedirlle perdón ao seu compañeiro e recoller a goma do chan. Outra consecuencia foi retirarlle a goma o seu estoxo para que aprenda a coidar o seu material, ademais tivo que cubrir no recreo do día seguinte o parte de incidencias que a titora tiña na aula no que os alumnos deben contar o sucedido e reflexionar sobre o que pasou e os motivos que a levaron a actuar dese xeito.

3.ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso:

REFLEXIÓN CONXUNTA:

Esta práctica serviunos para pararnos a pensar en todas as emocións que vivimos ou que nos fan vivir os alumnos, ou que eles mesmos senten e como as xestionan ou xestionamos, así como para analizar a nosa actuación e se esta foi unha decisión tomada no momento ou se en realidade nos detivemos a pensala.

No caso de Alberto conta que a situación si quedou ben pechada pero no caso de Dolo e Elena pensan que a súa situación podería non estar pechada, que a aprendizaxe non está de todo adquirida, xa sexa polos pais, no caso de Dolo ou da propia alumna, por parte de Elena, en calquera dos dous casos poderíase volver a repetir a situación pois a o aprendizaxe non foi significativo. Nestes dous últimos casos cabe destacar que os alumnos veñen de familias desetructuradas nos que non teñen normas de comportamento, nin rutinas escolares, familiares ou de hixiene persoal establecidas o que probablemente inflúa moito nas situacións vividas tanto dentro como fora da aula.

No tocante a como nos sentimos realizando a práctica podemos dicir que nos resultou fácil describir unha situación vivida na aula, xa que moitas veces gardamos esas vivencias para nos, e probablemente deberiamos compartilas mais veces, xa sexa con familiares ou con compañeiros docentes, xa que en moitos casos nos poden axudar a ver a situación doutro xeito e buscar outro tipo de solucións no caso de que se repetise unha situación similar