viernes, 19 de marzo de 2021

PRACTICA 2: Coñecendo as emocións (E02)

PRACTICA 2: Coñecendo as emocións


1. RABIA


2. MEDO



3. TRISTEZA



4. ALEGRÍA



- REFLEXIÓN:

Despois de analizar cada emoción individualmente e logo dunha reunión de reflexión conxunta a través de Teams, démonos conta de que o que máis complexo nos segue resultando é etiquetar ou identificar as emocións, polo que encadralas e percibilas dun xeito visual, coma neste caso nun cadro, axudounos moito.

En canto a levar a cabo esta actividade na aula, houbo discrepancias, nuns casos parécenos que os nenos son máis simples e capaces de expresar os sentimentos dun xeito máis fluído que os adultos, polo tanto que adaptando a actividade e facéndoa máis sinxela, dende casos reais e no propio momento, podería ser factible, pola contra outro punto de vista é que os nenos non son capaces aínda de conectar todas as emocións coas accións, sen ir máis alá de expresar o seu contento ou tristeza sen afondar noutras.

No que si chegamos a un acordo unánime é que o actual sistema educativo segue sen dedicarlle tempo e darlle importancia a educación emocional do xeito que debería, seguimos a dar primacía a outro tipo de contidos/habilidades, e non nos paramos a dialogar e a falar sobre o que nos preocupa, o que nos fai sentir ben, o como se senten os nenos e nenas, os procesos que sofren… co creemos que habería que rachar.

Finalmente tamén nos fixamos que, pola educación que recibimos nos mesmos, tendemos a compartir sempre os momentos máis alegres ou satisfactorios, e reservar os que nos producen tristeza ou malestar, dando a entender que a vida e estar ledos e ben, sen ser consciente que o ser humano pasa por procesos de tristeza, rabia, medo e ou malestar, que xunto aos momentos de alegría, placer e gozo son os que nos fan ser únicos e irrepetibles, formando parte da nosa vida a partes iguais.








No hay comentarios:

Publicar un comentario