miércoles, 10 de marzo de 2021

PRÁCTICA 4: FACER UN AUTORRETRATO (E02)

1. AUTORRETRATO…

 02_FELIPE

Son Felipe. Nacín en Suíza, pero dende que teño un ano estou en Galicia e agora vivo na miña casa (Penouta-Vilamartín de Valdeorras-Ourense). Considero que son unha persoa comprensiva, amable, creativa, soñadora pero moi realista, ás veces un pouco perfeccionista e ao tempo moi caótica, impaciente, serio e responsable e ás veces con moi mal humor. O que máis me gusta de min é a miña curiosidade, a capacidade de adaptación e de observación, e a capacidade de reflexión e os demais din de min que son moi coherente, traballador, creativo, solidario, amable e comprensivo.

Síntome feliz cando estou tranquilo, ás veces en soidade, e se non coa compañía que eu elixa… e o que máis me enfada é… que me enganen, dame rabia que ás veces perda a paciencia, e sobre todo non ter o control da situación.

Sempre tiven a ilusión de traballar en algo que me proporcionase estabilidade e recoñecemento profesional. Decidín ser mestra/e porque xa de pequeno era algo que xogaba a ser, e fun descubrindo que tiña certo “imán” cos nenos/as pequenos, e gustábame axudar. Ademais que o entorno escolar sempre foi un entorno no que me sentía realizado. Hoxe en día teño claro que quero seguir sendo mestre, pero tamén me gustaría explorar outras oportunidades dentro da docencia.


02_LUCÍA

Son Lucía, nacín en Becerreá (Lugo) e agora vivo en Sarria (Lugo), na actualidade traballo nunha escola infantil do primeiro ciclo.

Son unha persoa soñadora, alegre, confiada, tímida antes de coller confianza, as veces un pouco pasota e outras entregada demais.

Gústame rodearme con xente positiva e vivaz coma min, aprender cousas novas, coñecer xente diferente, desfrutar dos días en familia e as longas conversas ou as rutas pola natureza, pero tamén desfrutar da soidade e a paz da miña casa.

Non me gustan as mentiras nin as mofas, a xente negativa, malhumorada ou conformista. Odio as inxustizas e a falta de empatía, xa sexa no ámbito laboral ou na sociedade en si.

Cambiaría de min a teimosía, cóstame cambiar de opinión ou non levar sempre a razón, a falta de seguridade en min mesma, ou a habilidade para organizarme mellor.

Os que me rodean soen dicir que son alegre, amable, traballadora, con moita paciencia, tenaz e boa compañeira, ou coma sempre me describía meu avó e que me gusta moito recordalo, “pizpireta”.

            Son feliz no meu traballo, onde esquezo problemas externos e desfruto vendo aos nenos e nenas avanzar dese xeito vivaz que os caracteriza, a súa alegría, a intensidade e perseveranza, que contaxian aos que estamos ao seu carón. Por iso decidín ser mestra, una profesión que sempre está en cambio, en movemento. Definiríaa como una profesión “viva”, na que sempre estamos aprendendo e cambiando, coñecendo novos nenos e nenas, novas familias, novos retos e motivacións para mellorar e mellorarnos. 

02_MARÍA

Son…María, nacín en…Lugo e ahora vivo en… Lugo. Son unha persona…Paciente e empática.

O que máis me gusta de min é… que teño unha gran capacidade de superación.

E os demáis dícen de min que son….cariñosa. Síntome feliz cando…sinto que fago as cousas ben.

Sempre tiven a ilusión de…. Ser actriz En… 2014.decidín ser mestra porque… Tiven mestres e orientadores fantásticos, ese ano coidaba das miñas primas pequenas, e dinme conta de qué me gustaba moito estar con nenos…e ahora teño claro que quero ser mestra para… axudar aos nenos e nenas no seu desenvolvemento, como persoas individuais e como membros dunha sociedade.

02_YANIRA

Son Yanira e teño 30 anos. Nacín e vivo en Lugo aínda que traballo en As Pontes desde fai 3 anos. Anteriormente, vivín dous anos en Vigo posto que me destinaron alí. Marchei moi triste, era a primeira vez que vivía soa e lonxe da casa pero penso que foi unha das experiencias que máis me fixeron madurar e crecer como persoa polo que volvín feliz e vendo a “aventura” como necesaria e gratificante.

Son unha persoa moi familiar polo que estou feliz cando a xente do meu arredor está ben a nivel de emocións e saúde e sinto terror ante a posibilidade da morte da xente que quero. Iso fai que teña medo cando penso no futuro e no paso do tempo e me sinta culpable cando non paso o tempo suficiente coa xente que quero. Cando estou tranquila porque todo ao me arredor está ben anímome a dar máis de min, a facer cousas que teño pendentes.

Gústame estar soa (preparándome unha comida que me gusta, lendo un libro, coidando o meu corpo) pero encántame estar na casa cos meus pais, coa miña parella pola que sinto amor ou divertíndome en comidas ou pasando tempo de ocio con amigos/a, parella e familia. Síntome querida pola xente que me importa posto que os meus alumnos/as sorrín cando me ven e a miña familia e parella teñen ganas de abrazarme e querer pasar tempo comigo.

Prodúceme ansiedade non ter o control dunha situación que me afecta e págoo coa xente do meu arredor sen que teñan culpa, non falándolles ou falándolles mal. É unha situación que estou tratando de mellorar falando comigo mesma, razoando comigo e dicirme a min mesma “para, respira, xa sabes que isto non te leva a ningunha parte salvo agrandar o problema que se presenta”. Ultimamente xa o fago e os resultados son máis que positivos polo que me admiro por intentar superarme día a día a nivel persoal, tratar de ser máis madura, reflexiva.

Sempre tiven claro que quería ser mestra. Penso que a miña capacidade de esforzo e constancia axudáronme a chegar ata aquí. Unha das cousas que máis me indigna é que a xente (familias e sociedade en xeral) non vexa o esforzo e non valore o que facemos os mestres/as día tras día no noso traballo. Odio cando a xente fala por falar sen ser coñecedores do que din.

Son unha persoa empática e penso que iso facilita o meu traballo. Tanto nenos/as coma familias e compañeiros/as saben que poden falar comigo e son quen de ver o seu punto de vista.  Valoro moito o respecto cara os demais polo que o que máis me enfada é a xente egoísta que pensa en ela mesma. Este respecto inclúe, por suposto, aos nenos/as e enfádame moito ver como algunhas mestras/es mostran superioridade e abuso de posición respecto ao alumnado.

O que menos me gusta de min é que ante unha situación que non me afecta directamente e que non me gusta, posto que non vexo lóxica ou que afecta a alguén que quero, non dou estado calada e sempre interveño ou expreso a miña opinión respecto a isto. Sempre me pasa o mesmo, primeiro dígoo e logo penso... para que me meto se o problema non vai comigo? Gustaríame ter a capacidade de “calar”. Como isto ocasióname algún que outro problema, estou tratando pouco a pouco desvincularme de situacións que non me afectan directamente, sendo egoísta, pola miña propia tranquilidade. 




2. REFLEXIÓN CONXUNTA DO EQUIPO 02 (FELIPE, LUCÍA, MARIA E YANIRA)

    En xeral case todos coicidimos en que este exercicio resultou bastante positivo e sinxelo de facer, ademais de útil para poñer en claro alguns aspectos que creemos coñecer sobre nós mesmos/as.

    Non nos sorprenden as nosas propias respostas porque todas forman parte do que sentimos de verdade, e pensamos que somos bastante conscientes de todos eses sentimentos. En todo caso pode chegar a sorprendernos que certas debilidades sexan algo máis complicadas de recoñecer ou de aceptar.

    En canto ao grado de coñecemento de nós mesmos/as parécenos bastante elevado, porque consideramos que somos capaces de dar resposta a todas as cuestións plantexadas previamente, pero nalguns casos pode chegar a ser menos do que pensamos.

    Pasa un pouco o mesmo coa sinceridade. Non sempre é sinxelo ser sincero/a cun mesmo/a, por que dita sinceridade pode estar condicionada polas auto-esixencias e tamén por saber coñecerse e recoñecer as propias debilidades e as virtudes, e que isto despois se reflicta no desenvolvemento do día a día. Ás veces, pode ser que nos auto-enganemos para intentar ser "máis fortes" ou "non parecer débiles" fronte aos demais. En definitiva, isto enlaza un pouco con saber empregar as cualidades e fortalezas a favor de obra. Tratamos de ser positivos, optimistas e "tirar para adiante".

    En referencia as diferentes cualidades abordadas na práctica, valoramos as seguintes para ser ou para desempeñar a función docente: constancia e esforzo, creatividade, responsabilidade, amabilidade e comprensividade (empatía), coa actitude postiva e con ganas de aprender e evolucionar. 


A continuación queremos deixar aquí tamén as respostas de cada unha de nós, ás preguntas plantexadas na práctica, que nos axudou a facer a posta en común da nosa reflexión conxunta.


  1. Que che pareceu este exercicio? ¿Resultouche fácil ou difícil definirte a ti mesma/o?

FELIPE: A min gustoume facer este exercicio, aínda que non me resultou fácil, definirme a min mesmo, porque hai aspectos que por unha banda prefiro reservar, e outros que considero que ás veces é máis a percepción que eu teño, ou que outros me fan ver. De todos xeitos, non tería inconveniente en compartilo. Tamén penso que responder a certas cuestión como que é o que me fai rir, ou o que odio… ou outras, considero que podería ampliar as respostas, escollín como se pedía o primeiro que viñese a cabeza, pero non sempre son as mesmas cousas o que che producen eses sentires… Falo do cuestionario para cubrir que se proporcionaba no Campus Virtual USC

LUCIA:   Resultoume por dicilo dalgún xeito incómodo, as veces acostumámonos a crernos ou visualizar tan so aquelo que outros din de nos, sen autoavaliarnos ou sendo obxectivos e honestos con nos mesmos, co cal costa sacar as debilidades, recoñecelas e mesmo melloralas.

MARÍA:   Resultoume bastante fácil definirme a min mesma, pero creo que está practica axudoume a coñecerme mellor, xa que habitualmente non fago estas reflexións sobre min mesma, non adoito pararme a pensar como son, que me fai feliz…

YANIRA:   A modo de diario, esta actividade serviume para darme conta de que creo que me coñezo bastante ben. De feito, creo que me estendín bastante. Por outra banda, penso que agora tería que ser unha persoa próxima a nós a que lera este autorretrato para saber que recoñecen e que non de nós.

 

  1. Sorprendeuche algunha das túas respostas?

FELIPE: Non, porque realmente forman parte do que son e do que sinto.

LUCIA:  Non me sorprenden as respostas, sorpréndeme que me coste tanto recoñecer esas debilidades ou cousas que menos gustan, e pola contra as cousas boas ou positivas saian case solas, e faime reflexionar sobre a miña persoa.

MARÍA: NC

YANIRA: Non, ao escribilas eu non me sorprende ningunha. Quizais chamaríame a atención se fóra un coñecido/a meu o que me definira porque igual lía aspectos dos que non me percatara.

 

  1. Houbo algunha cuestión que non souberas responder?

FELIPE: A referida á “A estratexia que podería seguir para mellorar ese aspecto é:” Porque realmente un sempre intenta buscar estratexias que che axuden a mellorar, algunhas veces funcionan e outras non.

LUCIA:   Quizais dos aspectos negativos e de como melloralos, sobre todo cara aos demais.

MARÍA: NC

YANIRA: Sempre recuperei dos meus pensamentos algún recordo, situación, emoción,... que me viñera ao ler as frases.

 

  1. Qué grado de coñecemento tes de ti mesma/o?

FELIPE: Penso que teño un alto grado de coñecemento de min mesmo, o que non teño claro é o grado de coñecemento do meu potencial ou dos meus límites.

LUCIA:  Pois despois de realizar esta tarefa, xunto coas anteriores, doume conta de que me coñezo menos do que pensaba.

MARÍA:NC

YANIRA:Como din completado todas as frases penso que teño un coñecemento de min mesma bastante alto. O meu problema é atopar solucións ao que eu entendo que son aspectos negativos que me inflúen negativamente en relación ás demais persoas.

 

  1. Resultache doado ser totalemente sincera/o contigo mesma/o?

FELIPE: Creo que sí, pero debo recoñecer que é máis sinxelo ser sincero cun mesmo na propia intimidade dun, para sí, en reflexión. Outra cousa é despois facer partícipes aos demais desa reflexión.

LUCIA:       Si e non, é difícil de explicar, poderíase dicir que estou a medio camiño.

MARÍA: NC

YANIRA:Si, a xente que me coñece sempre me di que son moi esixente comigo mesma e dentro das miñas esixencias é ser sincera comigo mesma, non autoenganarme.

 

  1. Empregas as túas cualidades e fortalezas habitualmente?

FELIPE: Nalgúns casos ou circunstancias trato de xogar a favor delas.

LUCIA:    Si, considérome unha persoa positiva que todos os días intenta dar o mellor de si.

MARÍA: NC

YANIRA: Entendo que son as que me definen como a persoa que son, entón constantemente emprégoas.

 

  1. Cales desas cualidades cres que son máis importantes para a túa futura profesión como docente?

FELIPE: No meu caso, penso que a comprensividade é fundamental, tamén a sensibilidade e a curiosidade. Moitas outras cualidades poden vir a maiores. Pero tamén penso que me queda moito por medrar a nivel persoal e emocional. O que si me produce satisfacción, é comprobar que co paso dos anos e a experiencia vivida, un vai gañando confianza en si mesmo. Algo tremendamente necesario.

LUCIA:    Na miña opinión un docente debe ser alegre e creativo, ter ganas de aprender e de medrar coma persoa e como profesional, como dicía no autorretrato, un mestre nunca deixa de aprender; a seriedade e responsabilidade que esixe a propia profesión; a empatía e a amabilidade.

MARÍA: . Como futura mestra, creo que é importante plantexarme para que quero selo, cales son as miñas motivacións… Eu penso que é unha profesión na que hai que estar en constante evolución e nunca deixar de aprender, polo que este tipo de exercizos sen dubida son probeitosos á hora de saber cales son os teus obxectivos como mestre

YANIRA: Como xa dixen, a constancia e a capacidade de esforzo foron as cualidades que me axudaron a chegar a donde quería chegar.

 

  1. Podes engadir outros puntos de reflexión.

FELIPE: Gustaríame engadir que, cada vez considero máis necesario a formación docente en materias como a educación emocional, a xestión das emocións e das habilidades sociais e persoais, xa que nesta profesión estamos traballando con persoas (alumnado, familias, compañeiros/as…)

LUCIA: NC

MARÍA: Creo que é un exercizo moi útil tanto para coñecerte a ti como aos demáis.

YANIRA:Penso que a dificultade desta actividade radica en que, ao final, vai dirixida ou sabes que a vai ler xente que non te coñece e dubidas en que contar é que non.


No hay comentarios:

Publicar un comentario