EQUIPO_NOME: 02_FELIPE
EQUIPO_NOME: 02_MARÍA
VALORACIÓN E REFLEXIÓN GRUPAL
Esta práctica resultounos produtiva, posto que nos serviu para conectar un pouco máis coas compañeiras/os do traballo, onde aplicamos o feedback. Sorprendéronnos algunhas das súas valoracións.
Cremos que foron realmente sinceros/as e honestos coas respostas e valoracións, indispensable para mellorar aspectos ou calidades que nos parece que temos, facelas ver, o que din que temos e que non visualizamos, ... e deste xeito, mellorar a nosa autoestima e visión propia.
Resultouvos fácil ou difícil?
Non nos resultou complicada nin a nivel técnico nin a nivel emocional. Si ben é certo que depende do grao de compromiso ou do grao de implicación que se pretenda ou se queira aplicar. Ás veces non é sinxelo ter que aceptar críticas, é algo que tamén pode depender doutros factores (situación persoal, sentimental ou laboral/profesional na que te atopes).
Que foi o que máis vos sorprendeu? Descubriches algo novo sobre ti?
Non nos soprependeu nanda en concreto. En xeral, os rasgos que empregamos estaban moi relacionados co noso ámbito laboral/profesional, e correspóndese bastante co que cremos que pensan ou din de nós.
Que aprendiches con esta práctica?
Unha ferramenta máis de análise ou de valoración, que non coñeciamos. Un xeito de poder saber que aspectos mellorar ou potenciar (neste caso no noso traballo).
Valoración sobre a adaptación á escola:
Crees que esta dinámica se pode adaptar para realizala con nenos e nenas de infantil e/ou de Primaria?
Consideramos que si se podería adaptar, en primaria con maior facilidade, posto que a escrita e a lectura pode facilitar o procedemento. Pero no caso de infantil poderíase facer igualmente, empregando neste caso imaxes, iconas ou pictogramas (e cun soporte mural ou pintado no chan, motivando con cores atractivas, e incluso para que os nenos e nenas se poidan situar enriba, si facemos a gráfica da ventana de JOHARI).
Tamén sería posible reducindo os rasgos a empregar para valorar, e incluso facendo valoracións máis pequenas ou máis concretas, como por exemplo con fórmulas moi directas:
• “Cres que Manuel é moi traballador, si ou non?”
• “Consideras que Silvia é boa compañeira porque sempre comparte as súas cousas, si ou non?”
Pensamos que se pode empregar, en principio en calquera momento, pero especialmente cando se dean moitos conflitos na aula, ou grupos que non interaccionan uns con outros, ou para formar grupos de traballo á hora de facer equipos en traballos cooperativos ou por proxectos.
Nos cursos que levan moitos anos xuntos serviría para reforzar a visión de grupo e, mesmo, que reforzaría que cada un/unha se sentira parte do mesmo.
Valoración sobre a utilidade para ti como profesional da educación:
Consideras que pode ser útil para ti como mestre? En que sentido? En que circunstancias?
Nesta pregunta temos diferentes puntos de vista. Para uns membros do grupo, si pode ser moi útil, tanto a nivel individual, como a nivel de equipo e de Claustro. Pode resultar interesante aplicalo para potenciar un círculo de confianza e favorecer o traballo en equipo. Para outros membros, para un clautro vémolo inviable, por exemplo, dun claustro de 30 persoas, moitas delas apenas se ven nin coñecen (por tempo, polas etapas que imparten, materias, especialidades, ...). Para poder facer esta ventá necesítase confianza e tempo para crear esa confianza.
Todos estamos de acordo con que se necesita formación para levalo a cabo e que quizais resulte máis efectivo e obxectivo si é aplicado por alguén externo, como por exemplo a través dunha formación do profesorado dentro dunha actividade de dinamización ou de educación emocional. E sempre cunha perspectiva para a mellora do traballo en grupo e en equipo, coa finalidade de poder aplicar estratexias que favorezan dito traballo ou metodoloxías.




No hay comentarios:
Publicar un comentario