PRACTICA_8_A árbore dos LOGROS
Lucía
Felipe
María
- Valoración
global:
Todos
consideramos esta unha práctica agradable e pracenteira, a súa
rama artística especialmente, pararse a crear algo que nos
defina, que nos aporta calma e nos aviva recordos, xa que en algún caso, malia
traballar con nenos, facía tempo que non nos parabamos a debuxar e crear, foi
realmente reparador. Por outra parte, coincidimos en que foi "un chute de
enerxía", unha sopro de positivismo e mellora de autoestima
en todos os casos, as veces os adultos esquecemos valorar cada pequeno paso que
nos achega a esas grandes metas que tanto ansiamos.
-
Definir os obxectivos:
O principal obxectivo da actividade é a mellora
da autoestima, a través da reflexión sobre a imaxe propia e as calidades
positivas que temos e que nos levaron a acadar todos os logros ao longo da vida,
a vista, as frondosas e frutíferas árbores que estamos a lograr, sen dúbida, a
actividade cumpre o seu obxectivo e a súa realización favoreceu e mellorou a
nosa autoestima e axudounos a ver de todo o que fomos e somos capaces.
-
Valoración da utilidade:
Resultounos unha actividade
útil sobre todo a nivel persoal, recoñecendo as nosas calidades
positivas que non estaban tan valoradas como deberan, a visualizar todo aquelo
que conseguimos e ao que non lle dábamos importancia, a valorar os apoios, por
exemplo o familiar, a prestar atención aos pequenos pasos que nos fixeron
chegar a outros logros de maior importancia... e isto repercute tamén no ámbito
profesional, xa que cando nos sentimos ben con nos mesmos, nos valoramos e
nos queremos, e máis nun traballo coma o docente, vese reflexado na práctica,
con maior entusiasmo e ganas.
-
Aplicación a Educación Infantil e/ou Primaria:
Parécenos unha
práctica aplicable e moi enriquecedora para mellorar a autoestima dos
cativos en calquera das etapas, con algún matiz, como ben indica unha das
compañeira, na etapa de infantil, este tipo de actividades, malia ser
moi visuais e representativas, quédanse pobres pola falla da lectoescritura
desta etapa, o que fai que o impacto do resultado, da expresión en si que teñen
esas palabras que nos definen e moven as emocións, sería nulo, por outra parte,
apunta outra das compañeiras, a falta de recoñecemento dos logros ou saber
expresar as súas capacidades, en cativos tan pequenos tamén sería un
impedimento no que o mestre podería axudar verbalmente, polo tanto sería unha
actividade que deberíamos adaptar para esta idade, malia iso, creemos
que no resto das etapas sería posible e enriquecedora, axudando aos
nenos e nenas no desenvolvemento afectivo, a mellora da autoestima e
recoñecemento de si mesmos, de un dos membros do equipo xa a levou a práctica
na aula, obtendo moi bos resultados.

No hay comentarios:
Publicar un comentario