EQUIPO_NOME: 02_FELIPE
EMOCIÓN: ALEGRÍA
1. Contexto:
Aconteceu no momento da entrada á aula pola mañá, antes de comezar a sesión. Un dos meus alumnos estaba especialmente nervioso pero mostrando síntomas de alegría.
2. Descrición, expresión, reacción e intervención:
Ao entrar no corredor, o alumno achegouse a min, e comentoume en voz baixa: “Profe, tengo que decirte una cosa”. Entón a miña primeira reacción foi de expectación e ao referirse a min en voz baixa, como quen quere contar un segredo, pensei, que o mellor sería separarnos do grupo e deixar que contase o que me quería contar. Así que entramos na aula e nun recanto, díxenlle que me contase.
Pero enseguida desapareceu a tensión porque o que me contou foi que a súa nai estaba embarazada e que tiña un irmán ou unha irmá na barriga. E que estaba moi contento. Eu pregunteille si estaba seguro diso. Afirmou que si, enseguida o crin porque é un neno que non soe mentir con ese tipo de cousas (máis adiante comprobei que era certo). O máis positivo foi que me transmitiu tamén moita alegría a min, pareceume unha noticia moi boa, pensando que é algo que a el lle facía especial ilusión.
Pregunteille si era algo que quería gardar en secreto de momento ou compartilo na clase co resto dos seus compañeiros/as. Contestou que si o quería contar, entón pedinlle que agardase un pouco ata que estivésemos facendo a asemblea. E así o fixo.
3. Análise e valoración:
|
PENSARES |
SENTIRES |
EXPRESIÓNS ESPONTÁNEAS |
ACCIÓNS SOCIAIS |
ACEPTACIÓN/NON ACEPTACIÓN |
|
Secreto, expectación. Nerviosismo. |
ALEGRÍA |
Sorpresa. Verbalmente as expresións foron: - “¿De verdad?” - “¿Es un hermano o una hermana?” - “¡Qué bien!” - “¿Estás contento?” - “Si, mucho” - “¡Ya tengo ganas que salga de la barriga!” |
Querer contarllo a todos, compartir co grupo, e tamén co resto do profesorado. Felicitar ao neno que o contaba. Démoslle un aplauso. |
Aceptación positiva por parte do protagonista, e tamén do grupo. Penso que quedou pechada. Si que é certo que durante os días posteriores, o neno protagonista seguía facendo como preguntas-reflexións en voz alta tipo: “No sé si será niño o niña, pienso que va a ser niña” |
Persoalmente, estou moi contento por este neno, que vaia a ter un irmán ou irmá, porque as miñas sensacións son que el quere ter irmáns, xa que de momento era fillo único. E penso que vai a reaccionar moi ben, non digo que non aparezan os celos (cousa que teño visto que se manifestan incluso ao saber a noticia con outros nenos/as), pero creo que en xeral si o vai levar ben, porque ten un moi bo desenvolvemento madurativo a todos os niveis. Tamén é certo que dende entón maniféstase máis inquieto do habitual na aula.
EQUIPO_NOME: 02_Lucía
EMOCIÓN: MEDO
1. Contexto no que acontece a historia:
A vivencia acontece a comezo deste curso, 20-21, coa reapertura das Escolas Infantís despois de case 6 meses de paro a causa da Covid-19. Foron meses duros, de inquedanza e angustia e MEDO, a nivel persoal e profesional.
2. Descrición do acontecido:
Malia ter ilusión e ganas de arrancar de novo, de preparar a escola para a benvida, do contacto coas familias, de vernos, de descubrir aos nenos e nenas de nova incorporación, o medo estaba instalado no corpo, medo ao contaxio, medo de que as familias non confiaran nas escolas como espazos seguros, medo a que deixasen de asistir, (implicaría perder o posto de traballo), medo ao período de adaptación, xa que os nenos e nenas foron os máis prexudicados desta pandemia, aínda que todos sufrimos as restricións, eles son os que máis precisan o contacto, un aprende a socializar relacionándose, polo que pensamos que os nenos terían un gran vínculo de apego coas familias e grandes carencias en canto a relacións sociais, para con nos e cara os seus iguais, o medo levounos a pensar que iamos ter “pequenos extraterrestres”, angustiados e chorando de seguido. Medo tamén a non adaptarnos a normativa, a privarnos de bicalos, de abrazalos, do contacto físico e afectivo que leva implícito a primeira infancia, en definitiva, MEDO a non facelo ben, a enfermarse e a non estar a altura do que a situación requiría.
Aínda que as familias estaban calmas e contentas coa volta, que entre as compañeiras nos calmáramos unhas as outras e formaramos un bo equipo de traballo e apoio, que desde as autoridades sanitarias acordaran protocolos e nos aconsellaran para facilitarnos o proceso, foi unha montaña rusa de emocións, na que o medo se impuxo a todas elas, podendo coa alegría e a ilusión propias de cada comezo de curso, turbiando as ganas de volver, desexando que prolongaran un pouco máis a volta, para non afrontarse a esa dura realidade que nos esperaba.
O día 1 de setembro a aventura comezou de novo, as familias responderon dun xeito adecuado aos novos protocolos, que non permitían a entrada na escola, algo duro para quen leva meses sen separarse dos cativos e afrontar este proceso, e mostraron confianza e calma, que os nenos percibiron, facendo da benvida dos primeiros días momentos de tranquilidade e seguridade tamén para nos, e que vencían ao medo inicial. Por outra parte a resposta dos nenos foi abraiante, comparable a unha árbore, rachando con todo para poder florecer, ganas de xogar, de compartir, de rir, de alborotar, de descubrir...os nenos tiñan ganas de nenos. De xeito que pasados os primeiros días e adaptados as rutinas e as restricións, os medos deron paso a outros, pero estes xa estaban superados.
3. ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso.
1.Cal foi a emoción sentida: o medo.
2. Cal foi o estímulo desencadenante: a volta a escola despois dun logo confinamento, das aínda restricións covid, da inseguridade que había entorno aos centros, descoñecementos, temor as reaccións das familias e dos alumnos.
3. Cal foi o pensamento (que tipo de pensamento pudo ter o suxeito): sentirse inseguro e en perigo.
4. Cal foi a acción/s espontánea/s tanto física como verbal... Desexo de pospoñer a volta ao centro escolar.
5. Cal foi (si a houbo) a acción social : apoiarse entre as compañeiras e mesmo nas familias.
6. Cal foi (si a houbo) a intervención da docente ou doutra persona adulta: afrontarse a situación.
7. Como se pechou esa situación, sacouse algunha conclusión ou aprendizaxe da situación vivida? O medo inicial esfumouse a medida que se avanzaba no proceso, de que as cousas ían saíndo ben, e de que a situación estaba baixo control.
8. Pensas que a situación quedou ben pechada e que se restableceu o equilibrio emocional? Si.
9. Si a resposta anterior é negativa...Cal creedes que foi o problema, que foi o que non se fixo ben?
10. Pensades que se podía ter actuado doutra maneira?, Cal sería a vosa actuación? Creo que era preciso afrontarse a iso, a volta a normalidade implica a volta a escola e as rutinas, non podiamos seguir alimentando o medo a voltar as aulas, a xuntar os nenos, as actividades presenciais, porque eran e son precisas e esenciais para o desenvolvemento integral dos nenos e das nenas. E igual para nos, a volta a realidade é precisa para poder adaptarnos a situación que nos tocou vivir no momento.
EQUIPO_NOME: 02_MARÍA
EMOCIÓN: TRISTEZA
1. Contexto no que acontece a historia:
Na aula xusto despois do momento da entrada.
2. Descrición do acontecido:
aconteceu nun aula de 4º de Educación Infantil (3 anos). Un neno entrou chorando porque non quería que o seu pai se marchase, a mestra falou con el e intentou tranquilizalo; despois, como seguía chorando, a mestra comezou coa asemblea mentres eu falaba co neno, quen finalmente se calmou e se uniu ao resto da clase.
3. Si houbo unha intervención por parte da docente:
A mestra díxolle que os seus pais volverían a recollelo despois da escola, e que mentres tanto ía a pasalo moi ben cos seus compañeiros do cole, que o seu pai tiña que marchar porque tiña que traballar, e que os papás non podían ir ao cole, xa que tiñan que ir os nenos sos. Eu, que tamén intervín, díxenlle máis ou menos o mesmo, que primeiro íamos traballar un pouco, xogar, merendar, traballar outro pouco e despois xa ía a marchar cos seus pais. Creo que ambas intervencións consolaron ao neno ata certo punto, dándolle a seguridade de que nunhas horas volvería a estar co seu pai, pero tamén houbo certo traballo de autoxestión pola súa parte, xa que gradualmente foise calmando e finalmente uniuse aos seus compañeiros na asemblea.
4. ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso.
1. Cal foi a emoción sentida: Tristeza.
2. Cal foi o estímulo desencadenante: A marcha do seu pai.
3. Cal foi o pensamento (que tipo de pensamento pudo ter o suxeito): hai unha separación dun ser querido, puido sentirse abandonado, desamparado…
4. Cal foi a acción/s espontánea/s tanto física como verbal...Valorar a eficacia desa acción (o resultado, reacción que provocou): A acción espontánea foi chorar, dicir que non quería estar no cole, que se quería ir cos seus pais… A reacción que provocou foi que a mestra e mais eu lle prestásemos atención.
5. Cal foi (si a houbo) a acción social: Buscar apoio, consuelo…
6. Cal foi (si a houbo) a intervención da docente ou doutra persona adulta: ofrecerlle apoio e comprensión, permitir que exprese o que sinte e tratar de que comprenda a situación.
7. Como se pechou esa situación, sacouse algunha conclusión ou aprendizaxe da situación vivida?. Penso que o neno puido sacar a aprendizaxe de que a escola é un lugar onde pode estar a gusto e sentirse arropado sen a presenza dos seus pais.
8. Pensas que a situación quedou ben pechada e que se restableceu o equilibrio emocional? Penso que si, xa que o neno comprendeu a situación e pouco a pouco foi rebaixando esa tristeza ata que desapareceu.
9. Si a resposta anterior é negativa...Cal creedes que foi o problema, que foi o que non se fixo ben?
10.Pensades que se podía ter actuado doutra maneira?, Cal seria a vosa actuación? A miña actuación sería a mesma, explicar ao neno a situación e o por qué de que o seu pai se marchase, e intentar consolalo.
EQUIPO_NOME: 02_YANIRA
EMOCIÓN: RABIA
1. Contexto no que acontece a historia:
Foi durante unha titoría no curso académico pasado. Eu era titora de 6º de Educación Infantil. Tiña 25 alumnos/as, 24 do curso anterior máis un novo alumno dentro do grupo. Un neno que flexibilizou 6º de Educación Infantil. Ten o síndrome X Frágil. Resumidamente, este síndrome provoca discapacidade intelectual, problemas emocionais e sociais e problemas coa fala e a linguaxe. Ademais deste síndrome, o alumno vén dunha familia desestruturada. Viñeran fai tres anos a Galicia a consecuencia da separación dos pais. A nai é galega e o pai de Extremadura, de onde viñeron. Ten dous irmáns, un en 6º de Primaria tamén X Frágil e, outro, no instituto que sabemos que ten graves problemas de conduta.
Polas reunións de avaliación de Educación Infantil xa era coñecedora da situación deste neno. Ademais da súa enfermidade, o seu coidado corre a cargo da avoa, ela prepara o almorzo do neno, encárgase da súa hixiene, tráeno e veno buscar ao cole, ... pero teño que dicir que se trata dunha señora maior que nin da nin sabe coidar aos seus netos, faino o mellor que pode pero polas condicións que trae o neno ao cole vemos que non son suficientes (malas condicións hixiénicas, almorzos non saudables, botella de auga vella e con auga turbia, olor a tabaco, ...). Os mestres/as sabemos, ademais (posto que o cole atópase nun pobo pequeno), que a nai ten un piso alugado onde vive ela soa. Queixase de que non ten tempo para estar cos nenos posto que traballa moitas horas. É vista nos bares do pobo onde pasa moito tempo... Os nenos viven na casa dos avós.
A consecuencia de todo isto, é un alumno que non ten normas, non ten adquiridos nin hábitos nin rutinas, non lle preocupa o seu aspecto, non respecta os seus compañeiros/as, mostra condutas disruptivas na aula, ... O neno recibe apoios do cole tanto da mestra de Audición e Linguaxe como da mestre de Pedagoxía Terapéutica. Pese a ser pequeno, o DO determinou que era mellor sacalo da aula, un total de 8 horas. Mostra interese por aprender e mostra actitudes de agrado cando se lle manifestan afectos.
2. Descrición do acontecido:
Estabamos en xaneiro e eu aínda non tivera ningunha titoría coa nai (sempre con escusas ou, incluso, algún enfado porque a chamei e estaba durmindo ... ). Xa pasou un trimestre e non podía permitir que pasara máis tempo sen falar con ela (xa sabía pola mestra que tivera o curso pasado que a nai desvinculábase do cole) así que falei co DO e este falou co equipo directivo. O equipo directivo chamou á nai “obrigándoa” a ter unha titoría comigo. Chegado o momento, apareceu na clase cunha actitude “brusca”, malencarada e nada disposta a escoitar o que lle tiña que dicir. Paciente e relaxadamente, sen poñerme á súa altura, empezamos a falar do que pasaba: da hixiene (ao que respondía que a súa nai era pouco esixente e que se o neno non quería asearse ela deixábao sen asealo), que non podía traer galletas de chocolate todos os días para o almorzo (ao que me respondeu que ela compra froita pero que á nai lle é máis cómodo meterlle o paquete de galletas), que eu chame ao pai para pedirlle o material, que ese neno veu ao mundo por “erro”, ... Todo iso ía calando en min, a miña RABIA ía en aumento pero o detonante que casou a nosa disputa foi cando lle dixen que para o seu neno o cole non era suficiente, que tiña que traballar con el os contidos e que se lle vía que necesitaba afecto. A todo isto ela respondeume que non tiña tempo porque traballa moito e eu farta de tanta mentira e escusas contesteille con moita rabia: “Mira, para xa de tanta mentira, hai dúas mestras do pobo que lle dan clase ao teu fillo, sabes de quen falo, e ven que estás mañá, tarde e noite metida no bar ...”, ao que ela me contestou: “yo con mi coño podré hacer lo que quiera” e eu lle dixen: “por suposto que podes facer co teu coño o que queiras pero sempre e cando que as necesidades dos teus fillos estean satisfeitas porque esas criaturas dependen de ti e se non o fas, teremos que poñer en coñecemento de todo isto XA aos servizos sociais” cun ton elevado e ameazador pola rabia que tiña ante a actitude da nai. Prometeu cambiar e prestar máis atención, chegou o confinamento e perdín o seu contacto pero ata onde sei, a titora deste ano creo que ten os mesmos problemas ...
3. ANÁLISE E VALORACIÓN de cada caso.
1. Cal foi a emoción sentida
RABIA
2. Cal foi o estímulo desencadenante
O comportamento despreocúpante da nai cara o seu fillo e as mentiras e escusas
3. Cal foi o pensamento (que tipo de pensamento pudo ter o suxeito)
Como unha nai se pode despreocupar así dun fillo, culpar á súa propia nai (á avoa do neno) do “mal estado” do seu fillo e pensar mentiras para tratar de enganarme. Como eu coma mestra podo estar máis implicada e que me preocupe máis dese neno que a súa propia nai.
4. Cal foi a acción/s espontánea/s tanto física como verbal...Valorar a eficacia desa acción (o resultado, reacción que provocou)
Levanto o ton de voz, incluso berro e ameazo a esa nai con chamar aos servizos sociais.
5. Cal foi (si a houbo) a acción social
Pídolle que pare con esa actitude, que está a tempo de reconducir o modo de coidar dos seus fillos.
6. Como se pechou esa situación, sacouse algunha conclusión ou aprendizaxe da situación vivida?.
Cando lle elevei o ton e a “ameacei”, díxenlle que se llo dicía era polo ben do seu neno, que non era xusto que os compañeiros/as lle dixeran que olía mal, que el mesmo pedía outro tipo de comida, que non era xusto que non vivira e fora coidado pola súa nai. Acabou recoñecendo que tiña razón e que o ía intentar e así se viu durante a semana seguinte, pero, pronto, volveu ás andadas polo que non serviu de nada. Como conclusión, que ao mellor sería convinte avisar xa os servizos sociais pero ese xa é outro tema a tratar ...
7. Pensas que a situación quedou ben pechada e que se restableceu o equilibrio emocional?
Claramente, non, sigo no mesmo cole e teño contacto coa súa mestra de primaria e tamén se atopa nesta situación desesperada. Fala con rabia cara esa nai.
8. Si a resposta anterior é negativa...Cal creedes que foi o problema, que foi o que non se fixo ben?
Estamos tratando cunha nai que renega dos seu fillo, en palabras textuais “Fulanito no tenía que venir al mundo”. Creo que o noso labor non se puido facer mellor, pero depende dela e non parece que queira depender. Supoño que este ano non quedará outra que chamar aos servizos sociais e que sexan eles quen “eduquen” a esa nai ...
9. Pensades que se podía ter actuado doutra maneira?, Cal seria a vosa actuación?
Cando comento entre os meus compañeiros/as a frase “yo con mi coño hago lo que quiera”, sempre me din que como me atrevín a dicirlle que parara de mentir, e eu respóndolles que llo tiña que facer polo ben do meu alumno e, incluso, polo meu ben propio, porque tiña unha persoa que me estaba mentindo á cara e que non o podía permitir. De non “freala”, considero que non estaría facendo o meu traballo.
VALORACIÓN E REFLEXIÓN GRUPAL:
Facer unha valoración conxunta do que supuxo esta práctica, o seu grado de dificultade, que foi o máis difícil e qué foi o máis fácil de identificar? Resultou vos útil esta práctica?, cal foi a vosa aprendizaxe?.
Sobre a dificultade da práctica, tódolos membros do grupo estivemos de acordo en que a práctica non nos resultou especialmente dificil de facer, en todo caso a dificultade radica máis no feito de realizar unha analise da emoción (espacialmente no caso da alegría, que é quizáis a máis complexa por darse menores estimulos e menores respostas de reacción), ainda que, ao ser tan similar á actividade anterior, xa temos máis ferramentas para clasificar e analizar a emoción máis profundamente.
Por outra banda, no caso dunha das compañeiras do equipo, cabe destacar que este tipo de prácticas removen cousas no noso interior que nos fan reflexionar e dar máis importancia ao que sentimos e a tomar conciencia das accións que provocan en nos e nos demais.
Do mesmo xeito, todos estivemos de acordo en que esta práctica pode resultar útil, en tanto que te obriga a analizar situacións que son moi comúns no contexto escolar e que normalmente pasan desapercibidas (acontecen e hai unha resposta por parte do docente, pero non se examina profundamente a situación); esta análise fai que establezas a relación entre o desencadéante, a emoción, a expresión, a túa resposta, a efectividade desa resposta… Deste xeito podes detectar os fallos e rectificar ou mellorar as túas accións en situacións parecidas no futuro, ou analizar situacións nas que se poidan producir conflitos (e poder buscar a solución axeitada cando volvan a xurdir), e para novas situacións que poidan acontecer.
Ademáis, é útil para nós, que como docentes podemos sentirnos desbordados e non sabemos como actuar ou intervir, e máis para os nenos, para realizar actividades con eles e que recoñezan e expresen como se se senten, como actuar e como pechar situacións sen sentirse feridos nin danar a ninguén.
Por último, todos os membros do grupo sacamos algunha aprendizaxe da realización destra práctica, sobre a importancia de compartir con outras persoas/profesionais/compañeiro-as as súas experiencias e ver ou comprobar como se deron no seu caso (podendo servir estas comparacións para axudar e mellorar); ou sobre a tan necesaria coordinación e apoio entre os mestres posto que en certas circunstancias, e imprescindible que o mestre/a e o neno/ase sinta apoiado por parte do claustro.
Outras das aprendizaxes que salientariamos, son sobre a importancia que ten a análise profunda das emocións (que te permite buscar solucións que beneficien aos nenos e nenas e que lles sirvan á súa vez de aprendizaxe); e o feito de tomar conciencia da responsabilidade social que temos os mestres e mestras cos nosos alumnos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario