lunes, 26 de abril de 2021

PRACTICA3: DA COMPETENCIA EMOCIONAL DOCENTE (ONL_01)

 




REFLEXIÓN CONXUNTA

 Neste grupo unha persoa xa coñecía a ferramenta DAFO  xa que a utilizara en estudos anteriores, e outras dúas descoñecíamos a mesma.  En xeral resultounos complicada a tarefa, máis que polo desenvolvemento da mesma , polo traballo de reflexión sobre nós mesmos que tivemos que facer.   Ao mesmo tempo  pareceunos moi ilustrativo o resultado, porque nos fixo centrarnos nas oportunidades e ameazas sobre o  tema en concreto de “ chegar a ser profesores de Educación Infantil” e decatarnos de como fomos cambiando as nosas prioridades ao longo do estudo da mesma. Os membros do grupo coincidimos en que mais que o resultado final de obter a titulación e despois aprobar a oposición, intentamos desfrutar do que aprendemos e se abriron outras oportunidades de docencia mais alá de traballar nun colexio.

Parécenos unha ferramenta relativamente  sinxela de utilizar a partir de certa idade, que pode chegar a ser moi útil na análise dalgunha situación que  nos supoña un dilema o dificultade,  así como na toma de decisións.  

A análise de nosa actuación para a conseguir chegar a ser docentes pasou por reflexionar sobre o noso propio desenvolvemento profesional, co obxectivo de identificar problemas e establecendo alternativas posibles de solución dos mesmos e a partir de aí poder poñerlles solución. A ferramenta DAFO debería ser un punto de partida para coñecernos a nós  mesmos, sendo a segunda parte aproveitar o resultado para facer certas correccións e mellorar.

Un punto en común nas reflexións de tódolos membros é que se identifican as debilidades e os puntos a mellorar,  con maior o menor dificultade, que sería o punto de partida  que comentaba anteriormente. A diferenza atopámola na segunda parte , xa que algúns membros  teñen claro  como levar a cabo os cambios necesarios e outros  indican  que ou ben non coñecen a forma de superalos o ben  lles levaría moito esforzo. Una nova coincidencia é que existe en tódolos casos a   intención clara seguir mellorando e intentando afrontalas.

Deste xeito, como conclusión final, consideramos que esta análise DAFO é unha boa forma de plasmar nun papel o camiño que unha persoa segue e por onde o quere continuar, sendo un elemento moi práctico tanto a nivel emocional como profesional.

Como ferramenta para nenos de infantil nos resulta un tanto complicada,  pero en primaria pensamos que xa poderíamos comezar a utilizala. A partir de que os nenos e nenas son conscientes das súas propias fortalezas e debilidades, quizais no segundo ciclo de primaria, sobre 3º ou 4º. Tamén cremos que pode ser moi beneficiosa para eles, axudándolles a identificar os seus puntos fortes e as súas debilidades e poder aplicalos en distintos ámbitos e situacións da vida, dende os estudos ata unha situación fóra da escola.


No hay comentarios:

Publicar un comentario