Esta práctica
supuxo para min un gran esforzo, non tanto a nivel execución ou procedemento senón
máis a nivel emocional, o feito de parar a pensar realmente como me sinto foi
algo complicado para min xa que non acostumo a exteriorizar os meus sentimentos
ou as miñas emocións.
Cando rematei o
mapa dos sentires decateime de que a maioría dos sentimentos positivos acompáñanme
dende hai bastante tempo (empatía, ilusión, calma...), pero os negativos
apareceron dende hai só un ano aproximadamente, co inicio da situación actual
que estamos a vivir coa pandemia (medo, esgotamento, frustración). Tantos os sentimentos positivos como negativos
reflíctense na miña vida persoal como laboral do mesmo xeito.
A principal conclusión
que saco desta práctica é a necesidade propia de parar e pensar con máis frecuencia
como me sinto e non deixalo pasar xa que é importante coñecer como nos sentimos
e identificar as nosas propias emocións, para intentar evitar as situacións que
nos fagan sentir negativos e fomentar as accións que nos fagan sentir ben.

No hay comentarios:
Publicar un comentario