jueves, 25 de febrero de 2021

PRACTICA 1: MAPA DOS SENTIRES

 





A experiencia que saco desta práctica ten tanto connotacións positivas como negativas a nivel persoal. Por un lado, decateime de que verdadeiramente teño dificultades para identificar o que sinto en cada momento, sendo isto quizas froito da vida tan axetreada que a moitos nos toca vivir, o cal por suposto non debo ter como excusa persoal para non realizar este tipo de exercicios.

Por outra banda, sorprendinme bastante da dicotomía nos meus sentires, pois tras rematar o meu mapa dos sentires, vin perfectamente esbozado a gran diferencia entre a miña vida laboral/académica e a miña vida no fogar.

Eu xa era consciente de que evidemente o ámbito laboral e as miñas obrigas académicas me sometían a certas presións, pero non me decataba en que medida e, dende logo, non me deixou de sorprender como no meu ámbito persoal, a miña vida sentimental supón o piar fundamental que me sostén e me afasta deses aspectos máis desagradables do día a día.

A miña conclusión principal desta práctica resulta a necesidade de me prometer a min mesmo reflexionar máis de vez en cando acerca do meu estado de ánimo, tanto para poder actuar fronte a eses sentires máis desagradables, como para seguir valorando cada día mais aqueles momentos, vivencias e persoas que me producen sentires máis agradables.







No hay comentarios:

Publicar un comentario