sábado, 20 de febrero de 2021

PRÁCTICA 1: O MAPA DOS SENTIRES (FELIPE)

1. O MAPA DOS SENTIRES:



2. POÑENDO EN ORDE O QUE SINTO:

3. BREVE REFLEXIÓN:

Esta actividade non supuxo unha grande dificultade en canto á súa realización (procedemento, execución…), pero en canto ao poñer en orde, ou ter unha orde ou clasificar os meus sentires si que supuxo certa dificultade. Especialmente porque teño sentires encontrados ou enfrontados. Por unha banda, a nivel persoal, que nestes momentos, está íntimamente relacionado co profesional, síntome culpable por non estar dando o 100% no traballo, e por outra banda síntome orgulloso por estar na busca dun crecemento persoal, por lle estar dedicando máis tempo a este aspecto, pero penso que é unha boa inversión para mellorar no ámbito profesional. Comprobar que teño ilusión por aprender, por facer cousas novas, por participar ou por ter novas experiencias… Todo isto, é algo que me da satisfacción. En canto ao estado de ánimo, prima un estado eufórico, onde teño ganas de facer moitas cousas, recoñezo que moi caótico, e por iso ás veces este estado non me fai sentir sempre ben.

 

Despois por outra banda toda esta situación actual que estamos a vivir todos e todas, prodúceme sensacións de dor e asco tamén, o cal me pon bastante triste e enfadado. O medo é máis ben por sensacións de inseguridade e de incerteza, de non saber si todo esto irá a mellor ou a peor, tamén das diferentes situacións familiares propias e alleas da miña contorna, todo vaise sumando, e ao tempo, é unha situación que non favorece no traballo tampouco, o cal me produce bastante frustración e tensión.

 

Ao final, todo é unha amalgama de sentires, todo inflúe, por iso creo que realmente esta é unha actividade interesante o de “intentar” poñer en orde e que dalgún xeito isto che axude a parar por un momento, e pensar, realmente que cousas te fan sentir ben e que cousas te fan sentir mal ou menos ben. E por suposto, valorar ou poñer en valor os pensamentos propios. Evidentemente creo que é algo que sempre facemos, porque sempre reflexionamos e lle damos moitas voltas á nosa cabeza, pero aquí realmente podes facer unha “análise” máis profunda e gráfica tamén.



No hay comentarios:

Publicar un comentario